Control e robótica

tecnoloxia.org

Sensor de inclinación

tilt_protoboard

[By adafruit CC from instructables]

Descrición

Un sensor de inclinación é un compoñente que pode detectar a inclinación dun obxecto. Actúa como un interruptor, proporcionando un sinal dixital (0 ou 1), pero non pode medir diferentes niveis de inclinación.

Hai varios tipos de sensores de inclinación. Un dos máis comúns é o consistente nunhas esferas no interior dun cilindro. Cando as bolas tocan os contactos eléctricos que hai na base péchase o interruptor, e ábrese cando está inclinado e non tocan.

tilt_interior

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Nos kits de sensores para Arduíno soen vir módulos como o da imaxe. Incorporan un circuíto amplificador para evitar rebotes nos contactos e un potenciómetro para axustar a sensibilidade. Podes utilizar o compoñente en solitario.

tilt_modulo

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Montaxe

tilt_basicoPara ver como funciona imos acender e apagar un LED segundo sexa a inclinación do sensor. Realmente non faría falta utilizar un Arduíno para conseguir isto, senón que cun circuíto simple chegaría, pero imos facelo así para ver o funcionamento e despois adapta ti este circuíto segundo o que necesites facer (activar unha alarma sonora, un xogo de luces, a inversión do xiro dun motor, etc.)

Conectaremos o sensor tilt ao pin 2 do mesmo xeito que como faciamos cos pulsadores, cunha resistencia de 10kΩ, e un LED ao pin 13 cunha resistencia de 220Ω.

Se utilizas un módulo de sensor tilt, só tes que conectar a alimentación e o sinal.

tilt_fritzing   tilt_modulo_pins

Programa

O exemplo de código é exactamente igual ao que usamos para un pulsador pero substituíndoo polo sensor de inclinación.

Propostas

  • Servo: Fai que na posición vertical do sensor tilt un servo se sitúa a 0º, e ao inclinalo o servo se sitúe a 90º.
  • Reloxo de area dixital: Fai que nunha posición do sensor unha serie de LED se vaia apagando de arriba a abaixo durante un tempo preestablecido. Cando están todos apagados soa unha curta alarma. Ao darlle a volta ao sensor volve a empezar.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.