Control e robótica

tecnoloxia.org

Sensor de movemento PIR

Descrición

pir

[tecnoloxia.org CC By-SA]

En moitas ocasións podemos necesitar detectar a presenza de persoas ou animais en movemento nunha zona determinada. Por exemplo para facer soar unha alarma nun sistema de detección de intrusos ou para acender a luz automaticamente en corredores, escaleiras ou en aseos públicos cando se detecta movemento.

Os seres vivos desprenden calor emitindo radiación infravermella, radiación que se pode detectar cos sensores PIR. O sensor PIR está dividido en dúas zonas sensibles que en condicións normais son activadas igualmente pola radiación infravermella do ambiente. Cando o sensor PIR detecta unha diferenza na radiación IR que recibe dispara un sinal.

O sensor HC-SR501 incorpora 2 potenciómetros e un jumper que nos permiten modificar o seu comportamento e adaptalo ás nosas necesidades:

pir2

[tecnoloxia.org CC By-SA]

  • Selector de modo: Cambiando a posición do jumper podemos cambiar entre o modo de funcionamento continuo ( o sensor mantén un sinal continuo se detecta movemento de maneira continuada) ou modo de repetición ( o sensor actívase ao detectar movemento e despois volve ao seu modo normal. Se segue detectando movemento emitirá de novo un sinal de volverá a empezar).
  • Axuste da sensibilidade: Serve para axustar a a distancia e a cantidade de movemento necesario para activar o sensor.
  • Axuste do temporizador: Aumenta e diminúe o tempo que se activará o sensor unha vez detecte presenza.

Montaxe

Fíxate nas indicacións do teu modelo de sensor PIR para localizar os pins. No caso do HC-SR501 conectarémolo como aparece na imaxe. Conectaremos ademais un LED cunha resistencia de protección de 220Ω.

pir_fritzing

[tecnoloxia.org CC By-SA from Fritzing]

Programa

Imos facer un programa moi sinxelo: Faremos que se acenda un LED cada vez que o sensor PIR nota a nosa presenza.

Propostas

  1. Probas. Proba os diferentes modos de funcionamento (continuo e de repetición) e proba axustar os potenciómetros e observar a diferenza.
  2. Alarma. Fai que soe unha alarma cada vez que o sensor detecta presenza. A alarma debe soar continuamente a non ser que se apague manualmente mediante un pulsador.
  3. Luz. Fai que se acenda automaticamente a luz dunha estancia cada vez que hai alguén na mesma. Se o circuíto é simple non necesitas utilizar unha controladora Arduíno. Para utilizar a rede de corrente alterna debes utilizar un relé. Fai isto con supervisión.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.