Control e robótica

tecnoloxia.org

Sensor magnético reed

Descrición

[Public domain from wikimedia]

[Public domain. wikimedia commons]

Un reed switch é un interruptor activado por un campo magnético. Consiste nun par de contactos encerrados nun tubo de vidro ao baleiro. En ausencia de campo magnético os contactos están separados e en presencia dun campo magnético xúntanse.

É moi útil como sensor de proximidade, sen contacto. Por exemplo, na maqueta dun ascensor válenos para detectar a posición da cabina nos diferentes pisos.

reedswitch

[tecnoloxia.org CC By-SA from Fritzing]

Montaxe:

O sensor reed conéctase da mesma forma que un pulsador: Un extremo a 5V e o outro por unha banda a terra a través dunha resistencia de 10kΩ e por outra ao pin de Arduíno que programemos (pin 2).

Necesitaremos conectar tamén un LED coa súa resistencia de protección de 220Ω.

Programas:

Imos facer que se acenda un LED cada vez que o reed detecta un campo magnético (poñendo diante un imán). Verás que o programa é igual que cando usabamos un pulsador.

Propostas:

  1. [By IMeowbot CC By-SA from wikimedia]

    [By IMeowbot CC By-SA from wikimedia]

    Situación: Conecta tres sensores reed. Unha variable deberá rexistrar se o imán se atopa na posición 1, 2 ou 3. Móstrao na consola.
  2. Tacómetro: Conecta unha polea a un motor e nun punto determinado pégalle un pequeno imán. Sitúa o reed de modo que poda detectar a presencia dese imán. Cada vez que a polea dá unha volta completa rexístrase un sinal. Cantas voltas deu a polea no tempo en que a tiveches acesa? Cal é a súa velocidade angular? Mostra estes datos na consola.
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.