Control e robótica

tecnoloxia.org

Sensor ultrasónico

Descrición:

hc-sr04

[By Giedow CC from instructables]

Co sensor ultrasónico podemos detectar obxectos, medir distancias ou detectar movementos na contorna.

Funciona enviando un sinal de ultrasóns (frecuencias sonoras que os humanos non podemos detectar) e espera a que ese sinal regrese despois de chocar contra un obxecto. O tempo transcorrido entre o envío e a recepción do sinal depende da distancia á que se atopa o obxecto detectado.

ultrasonico_grafico

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Montaxe:

hc-sr04-_fritzing

[tecnoloxia.org CC By-SA from Fritzing]

O sensor ultrasóns HC-SR04 ten 4 pins:

  • VCC: conectado á 5V
  • Trig: conectado ao pin dixital da placa encargado de enviar o pulso ultrasónico. Hai que configuralo como saída.
  • Echo: conectado ao pin de entrada dixital que recibirá o eco de dito pulso. Hai que configuralo como entrada.
  • GND: conectado a terra.

Práctica:

Imos facer unha práctica na que medimos distancias. Debemos conectar o trig ao pin 9 e configuralo como saída e o Echo ao pin 8 e configuralo como entrada.

Creamos dúas variables: tempo e distancia. No canto de usar int (enteiro de 16 bits) utilizaremos long, de 32 bits.

As seguintes instrucións van medir a distancia á que se atopa o ultrasónico.

tempo=pulseIn(echo, HIGH);  Mide o tempo transcorrido entre o envío do pulso e a recepción do rebote
distancia= int(0.017*tempo);   Fórmula para calcular la distancia obtendo un valor enteiro

Limitacións:

  • Non ten moita precisión. As distancias verás que non se corresponderán coas reais, así que deberás facer probas de funcionamento.
  • Non detecta obxectos de pequeno tamaño.
  • O ángulo de visión é limitado (+/- 15º)
  • A detección de obxectos planos soe ser eficaz, pero se os obxectos son curvos as medidas soen ser erróneas. Por exemplo, unha lata de refresco.

Propostas:

  1. Ultrasónico e LED. Fai que cando a distancia sexa menor que 5 cm se acenda un LED, e cando sexa maior de 5 cm se apague.
  2. Sinalización por Leds. Fai que a unha distancia maior de 15 cm se acenda un LED verde, entre 8 e 15 cm un LED amarelo, e a unha distancia menor de 8 cm un LED vermello.
  3. Axuda de aparcamento. Conecta un zumbador e fai que o zumbador emita sons cunha periodicidade proporcional á distancia medida (a menor distancia, tempo máis curto entre sons).  Fai ademais que soe un ton máis agudo canto máis cerca estea.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.