Control e robótica

tecnoloxia.org

Múltiples casos

fluxo_cond5

Descrición:

switch() … case e if … else if … else  son estruturas de control que permiten elixir entre varios camiños para executar diferentes procesos excluíntes entre si.

É útil cando hai moitas posibilidades, pois permite facer unha serie de comparacións sen necesidade de aniñar moitas estruturas if… else.

Exemplo: Se a variable toma o valor1 execútase o proceso 1, se toma o valor 2 execútase o proceso 2 e se non se cumpre ningunha das anteriores condicións (default) execútase o proceso 3.

switch() … case if … else if … else

 

Imos utilizala para que, segundo sexa o número de veces que premamos nun pulsador, se acendan diferentes LEDs.

Montaxe:

Utilizaremos a seguinte montaxe: Conectaremos 3 LEDs con resistencias de 220Ω aos pins 11, 12 e 13, e un pulsador con resistencia de 10k ao pin 2.

3leds2pulsadores_fritzing

Programas:

Imos facer que cada vez que premamos nun pulsador unha variable aumente de valor, desde 0 ata 3. Segundo o valor que colla, executamos procesos diferentes.

1. switch() ... case

Neste exemplo utilizamos switch … case para establecer as diferentes opcións

2. if ... else if ... else

Neste exemplo utilizamos utilizamos if … else if … else para establecer as diferentes opcións

 

Propostas:

  1. Máis estados: Fai un programa con 6 casos diferentes, engadindo novos procesos (os LEDs escintilan, acéndense dun en un, etc.)
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.