14 xeitos de atarse os cordóns e un para o velcro

Despois das vacacións de Nadal é habitual ver tenis novos nos pés da rapazada do insti. Semella ser un dos regalos máis pedidos.

Se queres darlle un toque persoal non chega con levar un modelo orixinal. Proba atar os cordóns de distinto xeito. En cuartoderecha.com atopei unha chea de maneiras de atar os cordóns. Comeza con estas 14:

cordons.jpg

Se queres ver as instrucións máis detalladas vai a buburuza.net.

Pero se non te chegan con eses 14 modelos non te preocupes, que aínda hai máis. En fieggen.com móstrannos 33 xeitos de atarse os cordóns.

E para quen non queira complicarse existe un sistema que aforra o traballo de facer o lazo:


[youtube: The North Face Endurus XCR Boa]

Outro sistema moi común de peche para os tenis é o velcro.
Foi inventado por George de Mestral en 1955 e conta nun lado cuns ganchos máis ou menos deformables que se agarran a unha tira de fibras enmarañadas.

Aquí podes ver unha imaxe microscópica:
electron-microscope-image-of-velcro.jpg

Pero a cousa non se queda aí. Enxeñeiros alemáns do Instituto de Fundición e Mecanizado de metais na Universidade Técnica de Munich deseñaron un “velcro” de aceiro capaz de soportar cargas de ata 35 toneladas por metro cadrado a temperaturas de ata 800 graos. Chámase Metaklett.

metaklett.jpg

Por suposto que non vale para amarrar as zapatillas. As aplicacións deste tipo de unión son industriais: suxeición de grandes cargas, ensamblado, constución, etc.


Simulador do ensaio de tracción

O blogue Aula de Tecnologías dános a coñecer un interesante simulador do ensaio de tracción: Tensile Testing Simulation.

traccion.png

Permite seleccionar entre seis tipos de aceiros e comparar as diferentes gráficas.

traccion_grafica.jpg

A web Why Study Materials ofrece outros interesantes recursos en inglés para o estudio dos materiais.

Unha mágoa non telo coñecido antes, pois xa rematamos este tema de 2º de bacharelato, pero queda aquí gardado para o curso que vén, e por se alguén o quere utilizar.

Se a alguén lle interesa, materiais.wik.is é un traballo realizado polo alumnado do curso pasado, que buscou vídeos dos diferentes ensaios mecánicos realizados na industria. Este curso actualizámolo con algún vídeo máis.


De que están feitas as latas?

Un recurso interesante para algúns proxectos que facemos na ESO son as latas de bebidas ou alimentos, que podemos aproveitar para fabricar compoñentes eléctricos ou como elementos dos proxectos.

Para identificar o material do que están fabricadas as latas podes utilizar o seguinte algoritmo:
algoritmo

Folla de lata: aceiro recuberto con estaño, resistente á corrosión.
Aceiro cromado: aceiro recuberto de cromo

Tódalas latas de aluminio están lacadas no seu interior, xa que o alumnio é atacado polos alimentos e bebidas. Cando se utiliza lata para facer proxectos de electricidade, hai que acordarse de lixala xa que o lacado non é conductor da electricidade.

Fonte do algoritmo: Latas, están feitas de aceiro?
Diagrama de fluxo feito online con Draw Anywhere