tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

XVII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Os días 13 e 14 de abril o profesorado de Tecnoloxía temos unha cita En Santiago de Compostela: As XVII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas pola Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia,  APETEGA.

Este ano a cita é moi especial, pois a asociación cumpre o seu 20 aniversario. Dá vertixe pensar que xa pasaron tantos anos desde que empezamos a implantar o ensino da tecnoloxía nas aulas de educación secundaria.

Facendo un repaso de todo este tempo, o máis positivo foi contar cunha asociación a través da que o profesorado fomos quen de compartir coñecemento, resolver dúbidas, aprender, dar a coñecer recursos e experiencias, etc. O peor, sen dúbida, foi e segue sendo a falta de comprensión e valoración da formación tecnolóxica que amosan os dirixentes políticos, que tomaron decisións nefastas en todas e cada unha das reformas educativas que sufriu o noso sistema educativo nestas dúas décadas.

Imos quedarnos co positivo e tomarnos as Xornadas como os días de festa tecnolóxica para o profesorado. Aquí podedes consultar o programa. Este ano non hai moitos obradoiros (mágoa, pois é o máis interesante para aprender), pero seguro que sacamos cousas interesantes.

Se queredes inscribirvos, na web de APETEGA tedes toda a información.…

XVI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Se algo caracteriza ao profesorado da especialidade de Tecnoloxía é a constante necesidade de actualizarnos, e non hai mellor sitio no que aprender que nas Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que anualmente organiza APETEGA. Este ano chegamos á décimo sexta edición das xornadas, e desenvolveranse no IES Xesús Taboada Chivite de Verín os días 21 e 22 de abril.

Á espera do programa definitivo de obradoiros, imos contar con formación práctica de deseño e impresión 3D, Linux, Arduíno, Raspberry Pi, edición de vídeo ou música electrónica entre outros. Podedes ver o programa provisional coa estrutura das xornadas nesta ligazón.

O período de inscrición vai desde o 3 ata o 17 de abril e realizarase desde un formulario que se habilitará na web de apetega, onde podedes atopar toda a información relacionada co evento.

Eu contribuirei como relatora nos obradoiros de Arduíno, e noutros como alumna, que aínda teño moito que aprender. Vémonos alí!…

XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Apetega_15XornTecn_Cartel_peqO profesorado de tecnoloxía temos a nosa cita anual nas XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que organiza APETEGA. Esta edición terá lugar no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui os días 27 e 28 de maio.

O programa de obradoiros das xornadas é do máis completo: Arduíno,  deseño e impresión 3D, música electrónica, robótica,  “cacharreo”, Scratch, App Inventor, Cinemagraph, deseño web, html5, pneumática, etc.

Tamén haberá visitas o venres pola mañá, asemblea da asociación e distendidos espazos de xantar-debate nos que arranxaremos a educación deste país.

A inscrición debe realizarse a través deste formulario antes do 23 de maio. É de balde para socios/as de APETEGA e 60€ para o resto.

Animádevos a participar!

Máis información en APETEGA

XIV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

CARTEL XORNADAS APETEGA 2015Para o profesorado de Tecnoloxía:

Xa están en marcha as XIV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organizadas por APETEGA, que terán lugar os días 5 e 6 de xuño no IES de Brión (Brión – A Coruña)

Inclúe visitas didácticas a Finsa e ao Complexo medioambiental do Barbanza, conferencias, comunicacións e obradoiros prácticos.

O prazo de inscrición xa está aberto, e finaliza o vindeiro 1 de xuño.

Máis información:

 

Actualización 10/06/2015

Aquí podedes descargar as prácticas utilizadas no obradoiro de introdución a arduino que dei o sábado pola mañá:

Agardo ter dispoñible proximamente unha sección de control e robótica na sección de contidos, na que incluirei máis prácticas e propostas de proxectos con arduino e Lego.…

XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición nas XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, que terán lugar os días 30 e 31 de maio no IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo)

Dáme mágoa non poder asistir este ano e perderme as conferencias de tecnomaxia, realidade aumentada e obradoiros prácticos do máis variado. Os que poidades animádevos a ir!

Máis información:

 …


1 2 3 5