tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Manual de Arduino en español

Ata agora tiñámolo en inglés, pero xa está dispoñible para a súa descarga o manual “Arduino Programming Notebook” de Brian Evans en Español, que se publica baixo unha licencia Creative Commons.

Descarga (pdf): Arduino_user_manual_es.pdf

Hai que darlle as grazas ao Laboratorio de Software Libre da Universidade de Córdoba.

Tamén facilítannos o código fonte de exemplo do libro (descarga tar.gz)
Alguén se anima a traducilo ao Galego?

arduino-tutorial.jpg

Traballaremos con esta controladora en Bacharelato, anque será máis adiante.

(Vía blog.bricogeek.com)

Máis sobre arduino: www.arduino.cc

Flor autómata

Flor Automata é un proxecto artístico feito con arduino que consiste nunha flor mecánica que reacciona ante a luz exterior, abríndose de día e pechándose pola noite.


[Vídeo en Flickr]

Podémola coller como idea para un proxecto de 4º de ESO.

No faría falta unha estrutura tan complexa, pois pódese facer unha flor con material máis lixeiro e menos laborioso coma o cartón, que debe ir conectado a un mecanismo que eleve e baixe os pétalos (leva, cegoñal, piñón cremalleira, …)

Como en 4º non traballamos con arduino (témolo para bacharelato, en 4º usaremos Lego) podemos substituír o control programado polo control electrónico, utilizando unha LDR como sensor de luz, e un relé que poña a xirar o motor no sentido axeitado. Por exemplo, utilizando o seguinte esquema:

flor_automata.jpg
(podes baixar aquí o circuíto para o simulador crocodile technology)

A vantaxe de facelo con arduino é que podemos regular o peche dos pétalos en función da luz, pechándose máis ou menos. No caso do control electrónico proposto a flor ábrese e péchase completamente, sen quedar nunha posición intermedia.

Podedes ir pensando noutras ideas para un sistema que actúe en función da luz exterior. Se son viables levarémolas á práctica.…

Theo Jansen inspiration: 4volt Jansen Walker

Un dos artistas que se dedican á arte cinética que máis me gusta é Theo Jansen. Tiven a ocasión de ver unha das súas criaturas mecánicas en movemento, e resulta impresionante. Deseña e fabrica esculturas capaces de camiñar utilizando a enerxía do vento, como as que podes ver neste vídeo:


youtube: Theo Jansen – Kinetic Sculptor

As barreiras entre a arte e a enxeñería existen só na nosa mente” dixo nun coñecido anuncio televisivo. Os seus traballos mesturan arte e tecnoloxía como fan moitos outros artistas contemporáneos.

Entereime vía Make de que en 4volt.com e en thingiverse.com poñen á nosa disposición as instrucións para fafricarnos unha critatura destas, anque movida por dous microservos e un cerebro arduino. Ten licenza Creative Commons.


4volt Jansen Walker Beta 1 from a3o Studios on Vimeo.

Non é algo doado para facer a man, e non todo o mundo ten unha cortadora láser para facer as pezas, pero será cuestión de buscar algún sitio onde nolas corten. Apuntado para as vacacións.

LegPair.gif