tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Kibibytes, mebibytes e xibibytes

Sabemos que os dispositivos electrónicos dixitais traballan en lóxica binaria. É o caso,  por exemplo, dos procesadores dos nosos ordenadores e teléfonos móbiles ou os chips das calculadoras e reloxos dixitais. Todos estes trebellos utilizan coma unidade básica de información o bit (b), que pode valer 0 ou 1, segundo o estado lóxico da variable coa que se traballe.

Os rexistros dos primeiros procesadores que se popularizaron eran de 8 bits, polo que se adoptou o Byte (B) como unha unidade básica de almacenamento formada por un conxunto de 8 bits.

O problema chega ao facer os múltiplos. O Sistema Internacional de Unidades (SI) emprega como múltiplos das unidades o kilo (k 103), Mega (M 106),  Xiga (G 109), etc.

Ao traballar en binario obtemos números moi feos ao facer así os múltiplos. Por exemplo 1000= 103 en binario é 1111101000, e resultaba máis cómodo utilizar 1024= 210 (10000000000), polo que comezaron a utilizarse as equivalencias 1 kB = 1024 bytes ou 1 MB = 1024 kB.

Estas equivalencias aparecen en moitos textos de tecnoloxía, electrónica e informática. Incluso é común que alguén diga que un kilo equivale a 1000, agás en informática que equivale a 1024.

Isto é un erro. Faleivos moitas veces, especialmente en Bacharelato, da importancia que ten a normalización ou estandarización en Tecnoloxía. Estas normas serven para poder expresar e interpretar a información dunha maneira precisa e inequívoca, e non é admisible que un múltiplo se interprete de dúas formas diferentes. O Sistema Internacional é claro, e establece que un kilo é 1000 e non 1024.

Que facemos, entón, cos múltiplos binarios?

Para resolver isto e evitar confusións, desde 1998 o IEC (International Electrotechnical Commission) vén propoñendo outros prefixos para os múltiplos binarios: ki (kibi),  Mi (mebi),  Gi (xibi), cada un 1024 veces superior ao que lle precede, e que equivalen a kilobinario, megabinario e xigabinario respectivamente. (fonte)

Múltiplos binarios Múltiplos decimais
Nome Símbolo Factor Nome Símbolo Factor
kibi Ki (210)1 =210 kilo k (103)1 = 103
mebi Mi (210)2 = 220 mega M (103)2 = 106
xibi Gi (210)3 = 230 xiga G (103)3 = 109
tebi Ti (210)4 = 240 tera T (103)4 = 1012
pebi Pi (210)5 = 250 peta P (103)5 = 1015
exbi Ei (210)6= 260 exa E (103)6 = 1018

Á hora de medir a capacidade dos nosos soportes informáticos hai que ter coidado en como vén expresada. Non debemos sorprendernos se cando inserimos a nosa memoria USB de 2 GB o computador dinos que é de 1,95 GB, pois iso non significa que estea a facer mal as contas. O que sucede é que está chamando GB ao que en realidade son GiB.

Por exemplo, aquí podemos ver como nun sistema operativo GNU/Linux co escritorio KDE usa as medidas propostas polo IEC e converte unha memoria USB de 2GB (2 mil millóns de bytes) en 1,95GiB.

E aquí podemos ver como Windows XP non segue esta norma e chama GB ao que debería ser GiB.

Código binario en Futurama V

En “O xogo de Bender” na escena na que os robots criminais do Instituto Hal están a facer terapia de grupo aparece a seguinte mensaxe (cifrada para nós, aínda que non para os robots):

futurama_f02l35.jpg

Esta vez non o poñen fácil, pois non utilizan o código ASCII para que traduzamos ese conxunto de ceros e uns. Cada letra do alfabeto correspóndese cun número binario deste xeito:

futurama_hal.png

Segundo isto, e considerando que o asterisco trátase dun 1 tachado, a mensaxe é:
Use a MAB at me

O que non sei é o significado de MAB. Sábeo alguén?
Ou tamén pode ser que a explicación sexa outra… Algunha idea?

(Visto en echochamber.me)

Máis posts aquí sobre a serie Futurama

Código binario en Futurama IV

Na pelexa que manteñen Fry, Leela e Bender contra o Gardián do Zoo e os animais, no episodio “4ACV04 – Menos que un Heroe”, Bender di 01001010!!! cando recibe un golpe dun canguro boxeador.

futurama_binario4kl.jpg

Este número binario correspóndese co número decimal 74, cuxo código ASCII é a letra “J”, e que en inglés pronúnciase como a onomatopeia de queixume “iai!”
(Visto en Mz…)

Se queres, podes ver aquí máis posts sobre a serie Futurama