tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Rotor que parece que non xira

Fixádevos no rotor deste helicóptero. Parece que non se move!


[youtube: Extreme Lift Device]

Outras veces na tele ou no cine vemos rodas de coches que xiran en sentido contrario cando se moven cara adiante.

Isto é debido a que cando gravamos un vídeo a determinados fotogramas por segundo algo que xira a unha determinada velocidade angular prodúcese unha distorsión óptica do movemento.

No caso do helicóptero de vídeo, o rotor xiraba a 360 rpm e foi filmado por unha cámara a 30 fps.
(nota: rpm= revolucións/minuto, fps= fotogramas/segundo)

Imos facer uns cálculos:

fotogramas.png

O resultado é que temos un fotograma cada vez que o rotor xira 72º.

Como vemos no vídeo, o rotor ten 5 pas separadas entre si precisamente 72º. Ao xirar 72º cada pa toma a posición da anterior, e como a cámara non capta as posicións intermedias dá a sensación de que o rotor non xira.

Este efecto chámase Wagon-wheel effect ou efecto estroboscópico. Podes probalo con esta aplicación flash de michaelbach.de:

[Aplicación flash de Wagon-wheel effect]

A roda represéntase coa velocidade de película de 24 fotogramas por segundo. Mediante o cursor podes variar a velocidade angular coa que xira, desde 0 ata 240 rpm.

Observa como percibimos que a roda xira nun sentido ou no contrario segundo a velocidade angular. Se a velocidade é de 120 rpm verás como parece que está parada. Isto é o que lle ocorre ao helicóptero do vídeo.

(Este artigo forma parte da 3ª edición do entroido da física)

Actualización 1/09/2010:

En Abadía Digital acabo de ver un curioso efecto óptico nas hélices dunha avioneta. Prodúcese o chamado efecto shutter, que sucede cando as cámaras de vídeo fan un varrido vertical.


[Bendy Propeller from Steve Talkowski on Vimeo.]

Tecnodisfraz para o Entroido

Queres que pareza que tes un burato na barriga?

Burato

A solución está en conectar unha cámara dixital a unha pantalla LCD reciclada. A imaxe que captura a cámara colocada nas costas reprodúcese na pantalla colocada por diante e, dese xeito, dá a sensación de que hai un burato.

cámara e LCD

Se aínda non tes disfraz, con este podes fardar ben.

( Visto en No puedo creer vía Make. Fotos: Gaping hole halloween costume)…

Primeira cámara dixital

1ª cámara dixitalVía Microsiervos atopei información sobre o primeiro prototipo de cámara fotográfica dixital da historia. É o que podes ver na imaxe:

O prototipo é de Steve Sasson, enxeñeiro de Kodak que en 1975 xa tiña lista esta cámara que funcionaba sen partes móbiles, na que utilizou un gravador de datos dixital en casete, un CCD, un convertedor analóxico/dixital sacado dun voltímetro dixital e varias ducias de circuítos impresos.

As imaxes tomadas tiñan 100 liñas de resolución, gardábanse en casetes e visualizábanse nun televisor previa colocación do casete nun reprodutor especialmente deseñado para esta cámara.

Dende logo que non era unha cámara como as de agora para levar no peto, pero marcou o inicio da fotografía dixital.