Os chips por dentro

En 4º de ESO estivemos vendo que son os circuítos integrados ou chips, e estivemos traballando cun deles: O temporizador 555. Por fóra os chips parecen todos iguais, con eses encapsulados negros con patas, pero dentro cada tipo de chip ten un circuíto integrado que nada ten que ver con outros. Queredes saber como son?

Hai unha web rusa, ZeptoBars, que nos amosa como son os circuítos integrados que levan por dentro os chips máis populares. Utilizaron ácido sulfúrico concentrado e outros reactivos para eliminar o encapsulado plástico de protección, ata que lograron espir por completo o circuíto.

Aquí tedes o resultado:

Se queredes saber como foi o proceso ou que chips son os que aparecen nas fotos podes consultar a web de zeptobars.ru. Van engadindo novas fotos de forma periódica no seu blogue.

(Vía:@tecnoloxiajorge)


Ciclo vital

ciclo.gif

A serie anterior é do artista Iván Puig. Segundo el, a secuencia establece un paralelismo entre o proceso da vida natural e o da tecnoloxía, que tamén nace, medra, reprodúcese e morre.

Ten tamén interesantes creacións de reciclaxe industrial.

Nota: no argot electrónico os chips son cascudas


O circuíto integrado cumpre 50 anos

O primeiro circuíto integrado ou chip foi deseñado e fabricado por Jack Kilby o 12 de setembro de 1958. Este sinxelo circuíto que podes ver na imaxe fíxose sobre un anaco de xermanio e un soporte de vidro.

Primeiro circuíto integrado

Pouco se parece aos chips actuais, pero foi o primeiro paso no imparable proceso da miniaturización que fai posible a existencia da informática actual.

chipOs chips aplícanse en multitude de dispositivos, como ordenadores, vehículos, electrodomesticos, teléfonos móbiles, reproductores de mp3, calculadoras, robots, e un longo etcétera.

Se queres saber algo máis sobre os circuítos integrados podes visitar a sección de electrónica.

(Fonte: Código cero)