Lámpada con pinzas

Aproveitando as vacacións e que o tempo está de chuvia e vento, que tal construír unha lámpada con cousas atopadas na casa?

lampada_pinzas.jpg

O deseño da imaxe é de David Olschewski, e resulta moi doado de reproducir cunhas pinzas da roupa, un pouco de cola branca e os compoñentes eléctricos. Esta é unha lámpada de mesa, pero poderíase facer igualmente unha de teito, utilizar pinzas de plástico de cores ou crear unha con outros materiais.

E se che fai falta un colgadoiro, aquí tes un ben simple:
fukasawa-resseny.jpg

E xa que estamos coa simplicidade, non te perdas este organizador de cables:
binderclips-kabels.jpg


Engrenaxes nun anel

Cando estudamos os mecanismos transmisores e transformadores do movemento soemos poñer exemplos de utilización en máquinas e dispositivos de uso común, pero pódense utilizar tamén con fins decorativos e non funcionais, potenciando a súa beleza intrínseca.

Mira este deseño de kinektdesign. A min paréceme moi orixinal.

ring_1.jpg

Aquí hai un vídeo co anel en acción:

[youtube: Kinekt Design’s Gear Ring]

(Visto en swiss-miss.com)


Reutilizando disquetes

Os disquetes sons eses dispositivos de almacenamento de datos que utilizábamos hai anos e que xa son tecnoloxía obsoleta.
Moita xente xa os tirou hai tempo ao lixo, pero se aínda tes disquetes na casa aí van unhas ideas de reutilización:

(Slidemypicks)

Se che gusta pintar, podes utilizalos como soporte para as túas obras, como fai o artista Nick Gentry

E qué che parece reutilizar cassettes?


Robolámpadas

Conectando de xeito imaxinativo elementos de fontanería e electricidade podemos construír lámpadas do máis orixinal, como fai o deseñador croata Robert Matysiak.

[Ver en slidemypics]

Anímaste a facer unha lámpada destas para a túa casa?

Necesitas unha lámpada (mellor de baixo consumo), un portalámpadas, un interruptor, un enchufe, cable paralelo, … e calquera material usado con imaxinación, se é reciclado mellor.
Para evitar despistes con algún cable solto, mellor usa un material illante para a estrutura.

Poden interesarte tamén estas lámpadas con tubos e billas.

(visto en gizmodo.com)