Constrúe unha ponte resistente

Neste xogo tes que construír unha ponte que non se derrube durante a proba.
Lémbrate do que estudaches sobre estruturas para facer un deseño estable e resistente axustándote ao orzamento. Tes dous materiais de construción dispoñibles, así que debes elixir o máis axeitado para cada elemento segundo os cartos dos que dispoñas.

FWG Bridge 2
bridge-2-bd.jpg

Se te cansas deste xogo vai a Online Physics Games. Alí atoparás unha chea de xogos de mecanismos e estruturas (Grazas Aida Ivars pola ligazón), pero non te entreteñas demasiado, que xa estamos a final de curso e hai que estudar!


Concurso de guindastres construídos con paus de xeado

Vía Microsiervos entérome do Concurso nacional de guindastres construídos con paus de xeado. Está organizado pola Delegación de Estudantes da Universidade Carlos III de Madrid e consiste en construír o guindastre que soporte o maior peso posible.

concurso-gruas-helado.jpg

O concurso divídese en dúas categorías:
1. Resistencia: O prototipo será sometido a cargas crecentes ata o seu colapso, valorándose a súa resistencia.
2. Funcionalidade e estética: Valorarase a funcionalidade do guindastre, que pode levar accionamentos eléctricos ou non, e o grao de acabado e estética do mesmo.

A fase final do concurso será o vindeiro 24 de abril e en total hai 20.000 euros en premios, anque hai que pagar 40 € por inscribirse :-(

Podes consultar tódolos detalles do concurso en: www.concursogruas.es

Ata hai un par de cursos o alumnado de 1º de ESO era experto no deseño e construción de estruturas de papel que soportan cargas crecentes sen deformarse, pero coa redución horaria para a área de tecnoloxía que veu coa LOE deixamos de realizar estes proxectos por falta de tempo. Unha pena.


Estruturas resistentes

Os proxectos de estruturas que somemos facer nas aulas de secundaria consisten na construción de vigas e piares que soporten unha determinada carga.
Por exemplo, o alumnado de 1º de ESO de hai uns anos, aplicando a triangulación, construíu estes piares de papel que debían soportar o seu propio peso sen deformarse.

estruturas0.jpg

Outro proxecto que se soe facer habitualmente é o deseño e construción dunha viga que soporte unha determinada carga sen deformarse. Pero non pensedes que estas experiencias só se fan en secundaria. Por exemplo, aquí podes ver un vídeo da ETS de Arquitectura da Universidade de Málaga.

Outra experiencia que nunca fixen en clase é o deseño e construción dunha estrutura resistente a terremotos. Acabo de ver este vídeo en Aula Obradoiro e paréceme unha experiencia interesante para reproducir no instituto.

Para comprender as tensións ás que están sometidos os elementos estruturais e axudar no deseño temos o magnífico simulador West Point Bridge Design Contest.

Trátase de deseñar unha ponte o máis resistente posíbel. O paso dun camión pola ponte proba a resistencia do deseño, e o simulador indica as tensións ás que están sometidas as vigas.

West Point Bridge Design Contest

 


Tuneladora

Durante os vindeiros meses irán chegando pouco a pouco as enormes pezas que van formar parte da tuneladora que escavará o túnel da línea do AVE entre Redondela e Vigo. Cando estea montada medirá uns 200 metros de lonxitude, anque de momento só podemos ver algunhas pezas, como podes observar nesta foto do Faro de Vigo:

tuneladora.jpg

A máquina non só perforará o monte, senón que tamén colocará e anclará as dovelas de formigón que formarán a bóveda e sosterán a estrutura.

Se queres saber cómo funciona unha tuneladora podes ver esta infografía do xornal El mundo.
[El mundo: Cómo funciona una tuneladora]

E tampouco te perdas o documental “Enxeñería Extrema: O Tunel Smart De Malasia“, no que podemos ver unha tuneladora en acción.

E aquí vai unha animación de http://www.madrid.org/metro

tuneladora

Actualización 30-11-2008:

Grazas ao blogue “ingeniería civil en España” atopo unha interesante ligazón no que se poden ver unhas magníficas fotos de tuneladoras: darkroastedblend.com

e tamén esta interesante animación:

Neste vídeo vese moi ben o proceso completo: