tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

A música das fábricas

Interesante proxecto o de Industrial JP. Coas imaxes e sons gravados en fábricas xaponesas de alta tecnoloxía crean hipnotizadores vídeos musicais que nos fan entender a fabricación mecánica con outros ollos e oídos. Nada de ruídos estrondosos e descompasados! Brazos robóticos, motores, bombas, prensas, tornos, engrenaxes e máis crean música tecno movéndose a ritmo con absoluta precisión e sincronía. Para ver e escoitar con calma.

[youtube: Sountrive GOKO BANE]

[youtube: Dorian ASAI NEJI]

[youtube: DJ Gonno SHIN-EI Press]

[youtube: Cherryboy Function SAKAMOTO Metal]

 

Podes ver máis vídeos no canal de youtube de Industrial JP.…

Ponte o casco!

Gústanme os carteis da campaña da Dirección Xeral de Tráfico “Ponte o casco!”

5000 anos de historia dánnos a razón, eles non o quitarían nunca, protexe a túa cabeza da forma máis natural, … Non lles falta razón. O casco, pola súa estrutura e composición, está preparado para resistir fortes impactos sen deformarse, protexendo a cabeza e a vida.

Se queres saber como se fabrican os cascos e a que probas se someten mira este vídeo de Discovery Channel


youtube: Cascos Schuberth

Tamén tes unha infografía sobre cascos en consumer.es.

Pero non penses que é unicamente o material o que lle dá a súa resistencia, senón tamén a súa estrutura. A natureza é moi sabia, e a tecnoloxía non para de imitala.

A forma de cúpula dun casco fai que a forza exercida sobre o mesmo se reparta ao longo da estrutura, repartindo a carga. Podes probar facer este experimento para comprobar a resistencia da casca do ovo. Corta pola metade varias cascas, evitando deixar moitos picos, colócaas sobre un pano, e comproba como son capaces de soportar o peso de moitos libros sen esmagarse.

cupula.jpgovo.jpg   caracol.jpg

A cáscara dun caracol é do mesmo material có xiz, carbonato cálcico, pero é moitísimo máis resistente debido á súa estrutura, pois ten nanocapas dispostas en láminas que se intercalan en varias direccións. Cando na concha fórmase unha greta, esta non vai a máis porque a súa enerxía é absorbida por millóns de láminas. Isto está intentándose imitar en diversos materiais, para facelos moito máis resistentes.

Xa sabes, se vas en moto, ponte o casco!


youtube: Máis vale cumprir o código

E se vas en bici, pénsao tamén:

pensarsalvavidas.jpg
pensarsalvavidas2.jpg

Fabricación e montaxe de aeroxeradores

Moitos e moitas de vós xa coñecedes as partes dun aeroxerador e sabedes cómo funciona, pero … Sabedes como se fabrica e se monta?

Na web de Gamesa, empresa especializada na fabricación de aeroxeradores, móstrannos como é o proceso de fabricación e de montaxe.
Podes velo nesta infografía: (preme na imaxe para acceder a ela)

gamesa.png

Ou tamén podes ver a explicación con texto e imaxes.

(Via: Ingeniería en la red)

Actualización 5/11/2011:
Interesante vídeo da instalación dun aeroxerador visto en microsiervos:
[youtube: Charlestown Wind ]

Se che interesa, tes máis anotacións sobre aeroxeradores publicadas en tecnoloxia.org…