tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Urban Insects. Vehículos vistos desde abaixo.

A artista búlgara Yasena Popova está a traballar en tomar imaxes de obxectos desde unha perspectiva diferente á que temos costume de ver. Na súa páxina de Flickr ofrécenos unhas interesantes imaxes de vehículos vistos desde abaixo. Aquí tedes algunhas:

Non pensedes que foi fácil fotografar estes vehículos:

SAMSUNG

Podes ver a galería completa en Flickr

Cámara fotográfica de papel que funciona

Hoxe en día a maioría da xente utiliza cámaras dixitais para sacar fotos, pero se queres volver aos oríxenes da fotografía química podes probar construír unha cámara estenopeica de papel.

camara_papel.jpg

Tes que imprimir un documento en PDF que contén as plantillas e instrucións a seguir e poñerte mans á obra.

Necesitas un carrete de fotos (Canto tempo hai que non mercas un?) e cun pouco de maña tal vez consigas sacar fotografías da calidade das da galería da páxina do proxecto.

(Visto en maestroalberto)

E se cortar, dobrar e pegar papel non é ou teu, podes probar este outro modelo de cámara:

camara_lata2.jpg
camara_lata.jpg

Actualización marzo 2010:

Outras cámaras de papel :

Caretos por todas partes

Fai falta só un pouco de intención para atoparlle o lado máis humano a todos eses obxectos que nos rodean. É algo que sempre digo en clase: Detrás de cada obxecto, máquina ou sistema hai toda unha historia, desde a idea dunha persoa ou equipo, pasando polo seu deseño e fabricación ata que chegan a formar parte do noso entorno.

Sen embargo hai un xeito máis poético de velo. Seguramente algunha vez, sen querelo, atopaches nun obxecto unha cara observándote fixamente, case con intención de dicirte algo. Se iso sucédeche habitualmente sempre podes sacar fotografías e compartir a túa experiencia no grupo de Flickr Faces in Places.+

No blogue Faces in Places van recollendo e publicando esta curiosa colección de inesperados obxectos antropomórficos. Aquí tes unha pequena mostra:

(Ver en SlideMyPicks)

E hai quen non se conforma con intuír a humanidade. Carolyn e Andy London conseguiron que diversos obxectos da cidade de New York se comunicasen connosco. Todo un logro! (Visto en swiss-miss.com)

[youtube:The lost tribes of New York City]

Fotciencia 08

Xa podemos ver as fotos do Certame Nacional de Fotografía científica Fotciencia 2008.

Eu quédome coas fotografías microscópicas. Ábrennos os ollos a un mundo completamente descoñecido, pero non por iso menos real co macroscópico. Non e vano a nanotecnoloxía está a empezar a cambiar o noso entorno artificial, anque non nos deamos de conta, e máis o fará nos vindeiros anos.

Nano-metrópoli
00404a.png

A imaxe superior presenta nanoestruturas dun óxido metálico obtido en laboratorio que evocan o perfil dunha metrópoli, ofrecendo unha conexión visual entre o seu mundo submicrométrico e as nosas dimensións humanas, onde serán integradas.

A rede dos desexos (Media térmica)
00029 - Imagen1.png

Un textil termorregulador é un tecido que é capaz de reaccionar de distinto xeito en función das condicións térmicas do medio externo que o rodea. Se o medio externo é de elevada temperatura, esta clase de tecidos provocará unha sensación de frescor sobre o individuo, e viceversa. Este particular comportamento conséguese grazas á incorporación de microcápsulas que conteñen no seu interior un material de cambio de fase ou tamén chamado PCM “Phase Change Material”.

Podes ver o resto de fotografías en Fotciencia08.…