tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Código binario en Futurama V

En “O xogo de Bender” na escena na que os robots criminais do Instituto Hal están a facer terapia de grupo aparece a seguinte mensaxe (cifrada para nós, aínda que non para os robots):

futurama_f02l35.jpg

Esta vez non o poñen fácil, pois non utilizan o código ASCII para que traduzamos ese conxunto de ceros e uns. Cada letra do alfabeto correspóndese cun número binario deste xeito:

futurama_hal.png

Segundo isto, e considerando que o asterisco trátase dun 1 tachado, a mensaxe é:
Use a MAB at me

O que non sei é o significado de MAB. Sábeo alguén?
Ou tamén pode ser que a explicación sexa outra… Algunha idea?

(Visto en echochamber.me)

Máis posts aquí sobre a serie Futurama

Código binario en Futurama IV

Na pelexa que manteñen Fry, Leela e Bender contra o Gardián do Zoo e os animais, no episodio “4ACV04 – Menos que un Heroe”, Bender di 01001010!!! cando recibe un golpe dun canguro boxeador.

futurama_binario4kl.jpg

Este número binario correspóndese co número decimal 74, cuxo código ASCII é a letra “J”, e que en inglés pronúnciase como a onomatopeia de queixume “iai!”
(Visto en Mz…)

Se queres, podes ver aquí máis posts sobre a serie Futurama

A canción orixinal de Futurama

6502.jpgA serie de debuxos animados Futurama está chea de referencias á historia da tecnoloxía.

Por exemplo, no episodio “Fry e a Fábrica de Slurm”, pode verse coa lanterna de raios F do Profesor Farnsworth que o cerebro de Bender é un MOS 6502, que foi un microprocesador de 8 bits deseñado por MOS Technology en 1975.

Hai moitos máis exemplos, e o primeiro témolo na música de cabeceira da serie, que é un remake en homenaxe a Pierre Henry, un dos primeiros creadores de música con sintetizadores, alá por 1967.

Esta é a canción que orixinou a música de futurama, nun vídeo onde os compoñentes electrónicos cobran vida. Saberías identificalos?: (visto en blog.engeneral.net)

E aquí está a música que escoitamos na serie:

Podes ver aquí máis anotacións relacionadas coa serie futurama.…

Código binario en Futurama III

matriz

O código que permite viaxar ao pasado en “Bender’s Big Score” parece a simple vista difícil de memorizar debido a que é unha matriz cadrada de 6 filas e 6 columnas chea de ceros e uns, que fan un total de 36 díxitos binarios.

Pero podemos salvar esta aparente dificultade se nos damos de conta de que esta matriz é simétrica respecto do eixe medio vertical e antisimétrica respecto do eixe medio horizontal (é dicir, simétrica pero transformando os ceros en uns e viceversa) . Polo tanto, só teriamos que memorizar o primeiro cadrante, xa que a partir del pódese reconstruír facilmente toda a matriz:

0 0 1
0 1 0
0 1 1

A tarefa pódese simplificar aínda máis se convertemos estas cifras de binario a decimal, de xeito que o código da viaxe ao pasado non sexa máis ca tres simples números. Cales son?
.
(Información obtida de Bender Bending Rodríguez. Grazas.)

Ver máis anotacións sobre Futurama

Código binario en Futurama II

O número de piso de Bender é o 00100100 (episodio “Eu, Compañeiro de Piso”)

Que número representa en binario?

ver imaxe ampliada en nova ventá
Para ser un número binario chama a atención que teña dous ceros diante. Isto é unha pista para consideralo coma un número de 8 bits (8 cifras binarias). Se os apartamentos están numerados dende o 00000000 até o 11111111, cantos apartamentos hai?

O código ASCII ten o mesmo número de símbolos que habitacións no edificio onde vive Bender. Se cada apartamento o identificamos co seu correspondente carácter ASCII, que símbolo caracteriza o apartamento de Bender?

(Información obtida de Bender Bending Rodríguez. Grazas.)

Ver máis anotacións sobre Futurama