Colaborar no Banco de imaxes e sons do ITE

Un recurso moi útil para conseguir imaxes e sons con fins educativos é o Banco de imaxes e sons do ITE, no que podemos atopar unha chea de recursos audiovisuais clasificados por materia e nivel.

Xa leva anos funcionando, pero agora presenta unha importante novidade: admite colaboracións de calquera persoa que queira aportar recursos propios ao banco e servir á comunidade educativa.

As colaboracións publícanse baixo licenza Creative Commons e deben ser recursos de interese didáctico.

ITE.jpg

Así que xa sabes, se algunha vez colliches algo de internet que che foi útil, tócache agora aportar algo á comunidade e que lle sexa útil aos demais. Que tal compartir esas fotos de mecanismos, estruturas, máquinas, compoñentes, instrumentación, etc. que tes gardadas no disco duro?

Se buscas outros bancos de imaxes, nesta ligazón tes máis recursos: Bancos de imaxes


Capturar pantallas

impr_pant.jpgNon é necesario usar ningún programa para poder capturar o contido da pantalla do teu ordenador, simplemente tes que premer a tecla de “Impr Pant” (Imprimir pantalla) e despois pegar o contido capturado en calquera programa de edición gráfica. Logo podes recortar a imaxe para seleccionar só o que necesites.

Se o que desexamos é capturar unha soa fiestra das que están abertas debemos premer a tecla “Alt” e despois “Impr Pant” e seguir o mesmo proceso anterior.


O peso dos arquivos

Un dos problemas que atopo nos traballos do alumnado é o excesivo peso dos arquivos. A maioría das veces é por utilizar imaxes excesivamente grandes, e tamén polo feito de copiar e pegar, no canto de inserir.

Propóñovos facer unha proba:

Comparar o peso de dous documentos de Open Office Writer, un no que copiamos e pegamos unha imaxe de alta resolución e redimensionámola manualmente, e outro no que redimensionamos previamente a imaxe cun editor e inserímola no documento (inserir-imaxe-a partir de arquivo)
Veredes que a diferencia de tamaño entre un arquivo e o outro pode ser de varios MB.

Tamén podedes facer a proba utilizando unha imaxe de baixa resolución, no primeiro documento utilizando copiar e pegar, e no segundo inserir. A diferencia tamén é considerable.

Para editar imaxes de xeito moi doado e dende calquera sitio, basta con ir a Pixlr. Alí atoparás un editor que che serve para facer operacións básicas como redimensionar, recortar, xirar,  traballar por capas, introducir texto, e moitas outras utilidades. Hai moitos outros editores de imaxes, pero para utilizar este non hai que instalar nada no ordenador nin tampouco rexistrarse.

pixlr.jpg

Así que esperemos que os vindeiros traballos que me enviedes sexan máis lixeiros.


Bancos de imaxes

Xa sexa para os apuntes do profesorado como para os traballos do alumnado temos que botar man de imaxes da rede para ilustrar ditos documentos. Se imos publicalas en internet, hai que ter coidado coa licenza da imaxe.
Aquí van algunhas direccións nas que podemos conseguir (e nalgúns casos aportar) imaxes para a área de tecnoloxía:

Se sabes dalgunha galería máis que sexa útil para o ensino da tecnoloxía podes indicala para engadila no listado.