tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Cor RGB

RGBcolor-300x270Para representar unha cor nunha pantalla adóitase utilizar o modelo de cor RGB (R= red, vermello; G= green, verde; B= blue, azul).  O código de cores RGB baséase na mestura das cores vermello, verde e azul con maior ou menor intensidade para acadar toda a gama completa.  Cada unha das cores RGB pode tomar un valor entre 0 e 255 en decimal ou entre 00 e FF en hexadecimal, co que se consegue un total de 256 3 = 16.777.216 cores distintas.

Por exemplo:

Cor dec hex Cor dec hex
vermello 255,0,0 #FF0000 amarelo 255,255,0 #FFFF00
verde 0,255,0 #00FF00 ciano 0,255,255 #00FFFF
azul 0,0,255 #0000FF maxenta 255,0,255 #FF00FF
branco 255,255,255 #FFFFFF negro 0,0,0 #000000

 

Na seguinte aplicación feita con Scratch podes ver como varía a cor segundo os valores RGB que elixas:
[Scratch: Cor RGB]

corscratch1Cor no Scratch

No Scratch 1.4, cando queremos definir a cor do lapis aparécenos unha paleta na que podemos seleccionar a cor desexada. Porén, no Scratch 2.0 só se pode seleccionar unha cor que estea visible na pantalla.

Unha opción é crear coa ferramenta de debuxo un sprite que conteña as cores que queremos utilizar e seleccionalas dende alí.

Tamén podemos definir a cor mediante un valor que vai desde 0 ata 200, que corresponde á seguinte paleta: Pen_color

Pen_color2

Se queremos unha cor específica definida mediante o código RGB, temos tres opcións:

corscratch2

Control dun LED RGB con arduino

rgb-led

Un LED RGB  é un LED que incorpora tres LEDs no mesmo encapsulado, de xeito que se poden formar miles de cores axustando de maneira individual a intensidade de cada LED. O tres LEDs poden estar unidos polo cátodo ou polo ánodo.

Dependendo da intensidade de cada un dos LEDs RGB obteremos diferentes cores. O que imos facer é enviar un valor entre 0 e 255 a cada un dos pins PWM dos LEDs.

Na seguinte simulación feita con 123D circuits podes ver un o código utilizado para obter diferentes cores dun LED RGB.
Simulación:

Se queredes controlar un LED RGB conectado a unha placa arduino a través do móbil mediante Bluetooth podedes ver este proxecto de instructables.

rgbBluetooth

Namorados electrónicos

segueluz.jpgUn xeito de facer luces intermitentes é mediante un multivibrador astable con transistores. Témolo utilizado nalgún proxecto para engadirlle efectos luminosos, como por exemplo neste robot seguidor de luz no que as autoras engadiron un leds decorativos.

Hoxe atopei unha simpática aplicación deste circuíto multivibrador. Trátase de dividir o circuíto en dúas partes simulando dúas “persoas”. No intre en que unen os seus brazos os LEDs comezan a latexar. Moi apropiado para o día dos namorados.

Aquí tedes dous vídeos:

[youtube: Lista de reprodución multivibrador]

O circuíto utilizado é:
led_people_schematic.jpg

Fixádevos en que a terra ten que ser común. No primeiro vídeo utilízase papel de aluminio como terra. No segundo vídeo non se ve moi ben, e pode ser que estean unidos os bonecos mediante un cable.

(Visto en Make)

Proxecto de fin de semana: LED Enterprise

Podemos crear facilmente a nave de Star Trek utilizando uns LEDs e unha pila de botón:

ledenterprise3.jpg ledenterprise2.jpg

Nesta imaxe tes os detalles da estrutura e das conexións:

ledenterprise1.jpg

O esquema que nos dan en lacajarota é o que ves na imaxe, pero se usamos unha pila de 3V paréceme excesivo utilizar resistencias de 680 Ω para protexer os LEDs vermellos. Supoño que será unha errata e refírese a 68 Ω. Podes utilizar esta calculadora para LEDs para comprobalo.

ledenterprise4.png

(Visto en lacajarota)

Actualización: (14/05/2009)

Se che parece que este modelo feito con LEDs parécese pouco á nave Emterprise tes a opción de fabricala con papel e conectarlle despois os LEDs ao modelo construído.
Aquí tes as plantillas e instrucións.

enterprise.jpg

Insecto luminoso

Este é un divertido insecto cuxos ollos emiten unha luz que parpadea cando sopra o vento:

Trátase dun circuíto cunha pila de botón e dous LEDs. Unhas longas antenas móvense co aire e, cando tocan nos “cornos” do insecto, péchase o circuíto e acéndense os LEDs.
O circuíto é moi sinxelo. O que máis traballo pode levar é o axuste axeitado das antenas para conseguir o efecto intermitente.

En Make podes ver as instrucións para montalo
insecto.jpg
MKKM1-2.jpg