tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Que é o que están a facer?

O canal de televisión Discovery ten un interesante sitio sobre tecnoloxía, no que podemos atopar vídeos, historia, xogos, etc.

Nun dos interactivos temos que demostrar o que sabemos sobre os procesos de fabricación averiguando o que están a facer en cada vídeo. Clica aquí ou na imaxe para acceder ao xogo.

queestanafacer.jpg

A ver quen consigue máis puntos!

Alí tamén temos unha experiencia de Realidade Aumentada sobre a exploración marciana. Só necesitas unha cámara web, imprimir a plantilla, e podes ver a Rover no teu escritorio.

ARmarte.jpg

Podes ver outros exemplos de realidade Aumentada publicados neste blogue…

Galería de Ferramentas

tradePor casualidade atopei a páxina “Obradoiro de Tecnoloxía: Galería de ferramentas” na web do IES Manuel García Barros da Estrada.

Foi un dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2008, na modalidade de Galerías de Imaxes e Vídeos. Parabéns, Sindo.

Alí podedes atopar información completa con imaxes das ferramentas básicas que temos no taller de tecno xunto con vídeos explicativos da súa utilización.

Paréceme un interesante recurso informativo para 2º de ESO, anque para aprender o mellor é poñerse a traballar e manexar correctamente ditas ferramentas para a construción de prototipos.…

Ensaios de materiais

BrinellO alumnado de Tecnoloxía Industrial de 2º de bacharelato elaborou o seguinte wiki sobre ensaios de materiais: http://materiais.wik.is

O obxectivo era atopar vídeos das máquinas e procesos que se utilizan na industria, xa que no instituto unicamente podemos facer na práctica o ensaio de tracción, pero non outros.

En dúas horas de clase, repartíndose o traballo, atoparon fotos, vídeos e a descrición dos ensaios mecánicos máis importantes.

Desexan compartir o seu traballo con estudantes doutros centros, así que se vos interesa botádelle unha ollada.…

Os pantalóns gastados

É difícil de entender esta moda de mercar pantalóns vaqueiros gastados e rotos a prezo de prenda de alta costura. Eu prefiro mercalos noviños e xa os irei desgastando eu co tempo. O malo é que vas a unha tenda a mercar uns pantalóns novos e atópalos en peores condicións cós que queres substituír. É o que ten isto da moda.

Sen embargo non podemos queixarnos do prezo dun pantalón que sabemos que vai durar menos, xa que non hai ningún sistema automático que faga estas tarefas de desgaste e rotura. O proceso é totalmente artesanal.

pantalons2.jpg

Un a un, mediante a adición de compostos químicos e a acción de limas e papel de lixa, vanse conformando os destinxidos e desfiaduras. Podes ver máis fotos do proceso na páxina do fotógrafo David Friedman.

Neste vídeo podes ver o proceso de fabricación completo dos pantalóns vaqueiros: