tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

O bolígrafo retráctil

Seguro que manexades a diario eses bolígrafos retráctiles que fan ese “clic clic” característico. Preguntástesvos algunha vez como funcionan?

Abride un e comprobade como no seu interior atopamos un mecanismo de leva-seguidor e unhas pezas que fan de freo. É un enxeño patentado por Parker en 1965 e que perdura hoxe en día con certas variacións sobre a orixinal.

boli

O seguinte vídeo explica paso a paso o funcionamento dos bolígrafos retráctiles e ilustra a que corresponden os “clics” característicos.
[youtube: How a Retractable Ballpoint Pen Works]

Como vedes, podemos atopar unha obra de enxeñaría en calquera obxecto do máis común.

(Visto en gizmodo)

Deseño de mecanismos por ordenador

Disney está a desenvolver un software que permite crear autómatas mecánicos que realizan movementos complexos utilizando engrenaxes e barras articuladas. Primeiro, mediante unha animación de curvas, seleccionamos o tipo de movemento que queremos e automaticamente o programa crea un mecanismo optimizado que o reproduce o máis fielmente posible.

O interesante disto é que os mecanismos xerados mediante este sistema logran movementos moi interesantes utilizando unicamente un motor ou manivela, e tamén que poden ser fabricados con impresoras 3D.

[youtube: Computational Design of Mechanical Characters]

Sería moi útil dispoñer dun software así en clase de tecno, para o deseño de proxectos mecánicos.

Máis información: Computational Design of Mechanical Characters

Robots Camiñantes

Chámanos robots, pero en realidade son divertidos autómatas mecánicos. Este en forma de boneco que anda con dúas patas grazas ao sistema biela-manivela e a unha transmisión por engrenaxes semella moi fácil de construír, e véxoo ideal como proxecto para 2º de ESO, no tema de mecanismos.

[youtube: Robot Caminante en 2 patas (Fácil de hacer) walking robot] (Visto no scoop.it de Gumersindo Fernández)

O modelo é obra de “El Profe García”, que ten na súa canle de youtube unha chea de vídeos con ideas interesantes para utilizar en clase de tecnoloxía. Entre elas atopei outros bechos que camiñan, como o mecanismo do Robot araña, ou robot hexápodo, tamén moi doado de construír:

[youtube: Robot Araña o Hexapodo ( como se hace)]

Outro mecanismo interesante é o Robot verme, que utiliza tamén o sistema biela-manivela:

[youtube: Robot Gusano (Como se hace)]

É cousa de remexer un pouco máis en youtube para atopar outros modelos para construír no taller, e enchelo ata arriba de bicharía. …

Manual sobre autómatas mecánicos

Ata o 30 de setembro podedes descargar gratuitamente de Cabaret Mechanical Theatre un manual de 18 páxinas do famoso deseñador de autómatas mecánicos Paul Spooner.

mechanisms1-bg.jpg

Ir á páxina da descarga: Cabaret Mechanical Theatre

Interesante e útil recurso para os proxectos de mecanismos de tecnoloxía de 2º de ESO.


[youtube: Anubis mechanical sculpture ]

Se vos gustan os autómatas, imprescindible seguir o blogue de Cabaret Mechanical Theatre e a súa canle en youtube.…