tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Xogos isométricos

A perspectiva isométrica é unha técnica de representación gráfica dun obxecto tridimensional en dúas dimensións, onde o tres eixos coordenados forman ángulos iguais de 120º cada un sobre o plano. É moi utilizada en tecnoloxía para o deseño e visualización de obxectos e pezas.

Aínda que vos pareza algo novo, estades moi acostumados a ver obxectos representados neste tipo de perspectiva, xa que é utilizada en moitos xogos.

Seguro que moitas e moitos de vós pasastes algún tempo na rede social Habbo, plantando verduras en Farmville, construíndo unha cidade en Cityville, interaccionando nas primeiras versións dos Sims, e moitos máis . Fixádevos ben: están debuxados en perspectiva isométrica.

En moitos destes xogos podemos orientar obxectos nun terreo isométrico coma nesta aplicación flash (vista aquí). Probade engadir unha cadeira e xirala nesta retícula en isométrica.

Para que vos entreteñades un pouco debuxando en perspectiva isométrica tedes estas aplicacións:

  • Cubescape Non vos perdades a galería. Alí podedes ver os debuxos que fai a xente.

 

Tamén podedes probar estes xogos isométricos:

  • Contour: Guía a bola ata a meta deformando un terreo isométrico.
  • Isoball2: Guía a bola ata a meta construíndo ramplas.
  • DuBlox: A ver se es capaz de levar a peza ata a meta sen caer da plataforma isométrica.

 …

Xogando coa perspectiva

Unha das primeiras cousas que se aprenden na materia de tecnoloxía é debuxar en perspectiva. Necesitamos saber representar obxectos e sistemas de forma gráfica, pois é a forma máis eficaz de transmitir a información técnica.

Pero non vos vale só para debuxar os proxectos de tecno. Podedes aproveitar que sabedes obter unha imaxe tridimensional nun plano para xogar coa perspectiva no entorno. Pode ser divertido.

Mirade a obra do artista Aakash Nihalani. Utiliza cintas adhesivas de cores para resaltar contornos inesperados nas cidades.

Aakash-Nihalani.jpg

Aakash-Nihalani-9.jpg

Aakash-Nihalani-3.jpg


[Flikr Slideshow: Aakash Nihalani Photostream]

Anímase alguén a sacarlle perspectiva á porta do taller de tecno?

Aakash-Nihalani4.jpg