tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Novos recursos: Arduíno, impresión 3D e App Inventor

Na sección de contidos desta web tendes novos recursos elaborados durante unha licenza de formación da Consellería de Educación durante o primeiro trimestre deste curso.

keypad_fritzingArduíno

Ábrese unha nova sección de control e robótica. De momento o material dispoñible nela é sobre Arduíno e inclúe prácticas e proxectos de diversos niveis de dificultade, con propostas de mellora e ampliación.

Está baseado na experiencia destes anos con Arduíno no IES Primeiro de Marzo de Baiona. As primeiras prácticas son utilizadas para aprender a programar, e despois, para os proxectos que se vaian realizar, inclúese información con exemplos e prácticas para consultar e adaptar segundo as necesidades.

Co tempo irei ampliando esta sección con novos proxectos que vaiamos facendo na aula e sobre outro material de robótica.

Impresión 3D

varrido-solido-e1480525894948A sección de Impresión 3D foi realizada por Alicia Pérez, do IES María Soliño (Cangas).

Inclúe información sobre como configurar a impresora 3D mediante o programa Cura e diversas prácticas de deseño CAD 3D co programa Onshape, CAD online moi recomendable para traballar na educación secundaria.

App Inventor

paris-205x300Unha aplicación moi interesante para aprender a programar na materia de TIC é App Inventor. Pódense facer miles de cousas conectando bloques para sacar proveito dos dispositivos Android.

Nesta sección realizada tamén por Alicia podes ver exemplos variados e propostas de ampliación.

 

Agardamos que vos resulten de utilidade!

 

 …

Código Octopus

Xa está na rede Código Octopus, a web de programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria.

Scratch é unha interesantísima ferramenta para aprender a programar e que se pode utilizar en calquera materia desde educación primaria, ESO, Bacharelato ou FP. En Código Octopus podedes atopar múltiples exemplos de programas, xogos, e proxectos para realizar con Scratch, e interesantes ferramentas de avaliación.

Botádelle unha ollada á web de Código Octopus. Se queredes tamén podedes seguir o proxecto por twitter e Facebook.…

Un polbo no ascensor

Xa queda menos para presentarvos Código Octopus. Estamos a darlle os últimos retoques antes da presentación oficial o vindeiro día 1. Veredes, entre outras cousas, que podedes utilizar Scratch para simular sistemas, como este ascensor con memoria.

[Scratch: Un polbo no ascensor 2]
Preme nos botóns da cabina ou no de cada planta para que se mova ata o piso que desexes. O ascensor dispón de memoria para almacenar as chamadas. Irá parando en cada un dos andares.

Se xa sabedes programar en Scratch podedes intentar mellorar esta simulación:

  • Proba simular un ascensor de máis de 3 pisos.
  • Podes simular un edificio con dous ascensores. Cando se realiza a chamada desde un piso achégase o ascensor que se atope máis cerca. Cando levamos un tempo determinado sen actividade, o ascensor que se atope máis preto á planta baixa baixará a ese nivel.
  • O ascensor anterior non interrompe a acción que está a executar para atender ás novas chamadas, é dicir, se o ascensor xa está en marcha indo desde a planta baixa ata o 2º andar e chaman desde o 1º, non para, e esa chamada almacénase na memoria. Podes modificar o código para que faga paradas no camiño aínda que xa estea en marcha.
  • Proba deseñar un ascensor de máis de 3 pisos para un centro comercial. Desde fóra e en cada andar temos dous pulsadores de subida e baixada. Se o ascensor está en marcha e subindo, parará nun piso intermedio se desde alí alguén preme no botón de subir, pero non no de baixar. O mesmo cando baixa.
  • Deseña e crea a simulación que queiras!

Logic Beach

Un polbo está na area da praia de Rodas e vai quedar seco. Axúdao a meterse na auga acertando todos os valores das saídas das portas lóxicas que ves en pantalla. Tes un límite de tempo de 30 segundos. Se fallas, morrerá!

Este pequeno xogo está feito utilizando Scratch, interesantísima plataforma de programación coa que se poden crear facilmente xogos, animacións, historias ou simulacións.

No vindeiro Congreso de Software Libre para Educación (1 e 2 de xullo) presentaremos unha web con material en galego para aprender a programar en Scratch.  Proximamente teredes máis noticias.…