tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Manual de Arduino en español

Ata agora tiñámolo en inglés, pero xa está dispoñible para a súa descarga o manual “Arduino Programming Notebook” de Brian Evans en Español, que se publica baixo unha licencia Creative Commons.

Descarga (pdf): Arduino_user_manual_es.pdf

Hai que darlle as grazas ao Laboratorio de Software Libre da Universidade de Córdoba.

Tamén facilítannos o código fonte de exemplo do libro (descarga tar.gz)
Alguén se anima a traducilo ao Galego?

arduino-tutorial.jpg

Traballaremos con esta controladora en Bacharelato, anque será máis adiante.

(Vía blog.bricogeek.com)

Máis sobre arduino: www.arduino.cc

Light-Bot

Light-Bot é un xogo en flash cuxo obxectivo é mover un pequeno boneco pola pantalla para acender tódolos cadrados azuis mediante as instrucións dispoñibles: avanzar, xirar, saltar, iluminar e funcións.

Cando os niveis se complican non nos caben tódalas instrucións no “main method”, así que temos que recorrer a subrutinas (funcións f1 e f2) para completar o programa.

Light-bot

Paréceme interesante para iniciar a nenos e nenas nas estruturas básicas de programación, aínda que para aprender a programar bótanse en falta outros procedementos, como as condicións ou bucles.

(Fonte: Tecnología habitual)