tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Moi fácil de facer

maquina_burbullasHai en youtube un canal con moitas ideas interesantes para proxectos de tecnoloxía da ESO: “Muy fácil de hacer. Canal de electrónica, inventos, experimentos y otros“.

Nel podemos atopar unha chea de montaxes sinxelas feitas con material de refugallo que nos poden servir como ideas para realizar proxectos similares na aula, ou utilizalas como base para desenvolver proxectos máis complexos. Por exemplo, podemos ver como se pode facer unha porta corrediza sinxela, á que podemos engadir despois o control por ordenador, sensores, ou o que nos pareza ben.

[youtube:Proyectos-Puerta Automática Casera (muy fácil de hacer)]

Inclúe tamén planos e esquemas do cableado, aínda que preferiría que incorporasen nos proxectos os esquemas eléctricos e electrónicos, e non debuxos das conexións. Utilizan Mega e Mediafire para as descargas.

porta_corredeira

 

Un proxecto moi chulo que seguro que lle gusta aos máis peques é a máquina de pompas de xabón:

[youtube: Como Hacer una Máquina de Burbujas Eléctrica (muy fácil de hacer)]

 

Hai moitos proxectos máis. Botádelle unha ollada.…

Creación de obxectos sonoros no alg-a lab

Ten boa pinta este obradoiro “Creación de obxectos sonoros” programado para a Feira Imaxinaria 2014 do Alg-a Laboratorio (do 39 ao 31 de agosto en Valadares, Vigo)

Copio a descrición:

908882_origNeste obradoiro esencialmente práctico búscase unha re-apropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto) e a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc). Por último faremos exercicios de escoita profunda e improvisación.

Máis información: Creación de obxectos sonoros

Soundmachines

Este interesante instrumento de música electrónica pode servir de idea para un proxecto de tecnoloxía.

[Soundmachines from The Product on Vimeo.] (Visto en TheProduct)

Habería que construír uns discos xiratorios e instalar uns sensores de luz ou de cor. O sinal recibido polos sensores enviaríase a unha controladora arduino ou lego e mediante un programa asignaríanoslle un son a cada valor de entrada, producindo música electrónica. Para un mellor resultado habería que pedirlle prestado o amplificador ao profe de música :-)

Aí queda como idea!…

Robots Camiñantes

Chámanos robots, pero en realidade son divertidos autómatas mecánicos. Este en forma de boneco que anda con dúas patas grazas ao sistema biela-manivela e a unha transmisión por engrenaxes semella moi fácil de construír, e véxoo ideal como proxecto para 2º de ESO, no tema de mecanismos.

[youtube: Robot Caminante en 2 patas (Fácil de hacer) walking robot] (Visto no scoop.it de Gumersindo Fernández)

O modelo é obra de “El Profe García”, que ten na súa canle de youtube unha chea de vídeos con ideas interesantes para utilizar en clase de tecnoloxía. Entre elas atopei outros bechos que camiñan, como o mecanismo do Robot araña, ou robot hexápodo, tamén moi doado de construír:

[youtube: Robot Araña o Hexapodo ( como se hace)]

Outro mecanismo interesante é o Robot verme, que utiliza tamén o sistema biela-manivela:

[youtube: Robot Gusano (Como se hace)]

É cousa de remexer un pouco máis en youtube para atopar outros modelos para construír no taller, e enchelo ata arriba de bicharía. …

A máquina máis inútil do mundo, versión avanzada

Hai tempo que falei aquí da máquina máis inútil do mundo, unha máquina que se apaga a si mesma cando intentas acendela movendo un interruptor de panca.

Ben, pois agora temos unha versión máis avanzada. Podemos acender a máquina con oito interruptores, pero a máquina será capaz moverse para devolvelos a súa posición de repouso. Aquí tedes o vídeo.

[youtube: Useless machine advanced edition] (Vía: Microsiervos)

Foi feita cunha impresora vella, aproveitando o seu deslizador. Se vos interesa, aquí tedes toda a información sobre como foi feita: leyanda.de


1 2 3 15