Recollida de material de refugallo

cartel_recicla3.jpgÁ volta das vacacións de Nadal comezamos a montar os proxectos. É época de regalos e novos trebellos electrónicos e xoguetes, pero propoño que miredes entre os vellos aparellos e pensedes se nos poden valer para construír os vosos prototipos.

No taller de Tecnoloxía reciclamos pequenos trebellos electrónicos e mecánicos!

Dos mandos da play station ou dos teléfonos vellos podemos obter motores vibratorios para facer vibrobots, de vellos xoguetes mecánicos rotos podemos aproveitar os mecanismos (os motores soan levar unha boa redutora de velocidade), cos cargadores dos móbiles temos estupendas fontes de alimentación de tensión contínua que nos valen para aforrar pilas, … incluso pode haber algún xoguete que poidamos arranxar.

Antes de tirar nada pensa se nos pode valer para algún proxecto e tráeo ao taller de Tecnoloxía.

(A Imaxe do robot é dun cartel dunha campaña de reciclaxe electrónico)


Robolámpadas

Conectando de xeito imaxinativo elementos de fontanería e electricidade podemos construír lámpadas do máis orixinal, como fai o deseñador croata Robert Matysiak.

[Ver en slidemypics]

Anímaste a facer unha lámpada destas para a túa casa?

Necesitas unha lámpada (mellor de baixo consumo), un portalámpadas, un interruptor, un enchufe, cable paralelo, … e calquera material usado con imaxinación, se é reciclado mellor.
Para evitar despistes con algún cable solto, mellor usa un material illante para a estrutura.

Poden interesarte tamén estas lámpadas con tubos e billas.

(visto en gizmodo.com)


Reciclando cassettes

Vou propoñer un novo proxecto, pero non vai ser para o alumnado de secundaria, monstros do mp3, senón para as persoas que xa temos uns anos e que aínda seguimos almacenando caixas con cintas de cassette que xa non temos onde escoitar, pero que non queremos tirar por nostalxia.

Teño que recoñecer que a min dáme mágoa desfacerme das cintas que me acompañaron durante anos, e tiralas non me parece a mellor opción, así que, buscando alternativas, atopei algunhas ideas que quero compartir.

A que me parece máis interesante é convertelas nun moble, como fixo o deseñador holandés Patrick Schuur cun armario feito a partir de 918 cassettes.

armario-cassettes1.jpg

Tamén hai outras opcións interesantes para facer cunha cantidade menor de cintas:

Pódense fabricar lámpadas,

lampada1.jpg

monedeiros, cintos,

bolsocinto.jpg

caixas,

caixa.jpg

bolsos e vestidos

ghost.jpg

Curioso é o proxecto Ghost in The Machine, de Iri5, no que a cinta magnética onde reside a música abandona a carcasa de plástico para reproducir a imaxe do artista,

ghost.jpg

ou a tipografía Tapeography creada polo deseñador turco Ersinhan Ersin.

tipografia.jpg

Se tes sentido artístico sempre podes facer unha escultura

mark_creegan_2.jpg

Algunha idea máis?

E claro, non podía faltar Kiko Veneno:
“Ponme esa cinta otra vez, pónmela hasta que se arranquen los cachitos de hierro y de cromo al cantar como tú sabes”


[Goear: Kiko Veneno. En un mercedes blanco]


Arquitectura de máquinas

Gústanme eses obxectos que xorden da transformación doutros, reconversión da tecnoloxía obsoleta.

Hoxe atopeime en IS Arquitectura un traballo magnífico de David Trautrimas. A partir de vellos obxectos domésticos e coa axuda de programas de retoque totográfico crea composicións que semellan vivendas, fábricas ou construcións propias da ciencia ficción. O resultado é sorprendente.

Podes ver aquí unha mostra:

(Ver en SlideMyPicks)

Máis información: David Trautrimas


Repair Manifesto

repairmanifesto.pngSempre andamos a dicir que as cousas, antes de tiralas, debemos pensar en ver a posibilidade de reciclalas, pois pódennos valer para algo.

Ben, pois hoxe atopeime cun manifesto que clama “Stop Recycling. Start Repairing“, é dicir, deixa a reciclaxe e comeza a reparar.

Pertence ao colectivo Platform21, fundación creada en 2006 por ING Real Estate, o consello da cidade de Amsterdam e Premsela, plataforma holandesa para o deseño e a moda.

Creo que non se deben pelexar a reparación e a reciclaxe, e non todo o mundo ten a capacidade de reparar calquera cousa, pero o manifesto paréceme moi interesante. Vén dicir isto:

– – – –

1. Faga que os seus produtos duren máis tempo! Vamos, que non tiremos as cousas innecesariamente cando poden ter unha segunda vida.

2. As cousas deben estar deseñadas de maneira que poidan ser reparadas.
– Ás persoas deseñadoras de produtos: Facer os produtos reparables e facilitar información sobre posibles reparacións.
– Ás persoas consumidoras: Comprar cousas que poidamos reparar, ou ben pescudar a razón pola que non existen. Ser críticas e curiosas.

3. A reparación non é a substitución. (Máis ben dependerá da peza que se estrague)

4. O que non mata engorda. Cada vez que reparamos algo, aumentamos o seu potencial, a súa historia, a súa alma e a súa beleza intrínseca.

5. A reparación é un desafío creativo.

6. A reparación sobrevive á moda.

7. Reparar é descubrir. Cando reparamos aprendemos cousas asombrosas sobre o funcionamento dos obxectos.

8. Reparación, ata nos bos tempos! Non se trata de aforrar en tempos de crise, senón que é unha mentalidade.

9. Os obxectos reparados son únicos.

10. Non sexamos persoas escravas da tecnoloxía, dominémola. Se rompeu, arránxao e faino mellor.

11. Podemos reparar calquera cousa, ata unha bolsa de plástico.

Non recicles, repara!

– – – –

O produto estrela deste colectivo é a cinta adhesiva. Non podía ser outro.
cinta.png

A min o punto que máis me gusta é do 2. Hoxe en día os produtos están deseñados para usar e tirar, desapareceron os parafusos que nos permiten abrilos e remexer por dentro, e se queres abrilos na maioría das ocasións non queda outra que romper a carcasa, que vén pegada. Son malos tempos para a reparación, e xorde a necesidade dun manifesto coma este.