Insecto luminoso

Este é un divertido insecto cuxos ollos emiten unha luz que parpadea cando sopra o vento:

Trátase dun circuíto cunha pila de botón e dous LEDs. Unhas longas antenas móvense co aire e, cando tocan nos “cornos” do insecto, péchase o circuíto e acéndense os LEDs.
O circuíto é moi sinxelo. O que máis traballo pode levar é o axuste axeitado das antenas para conseguir o efecto intermitente.

En Make podes ver as instrucións para montalo
insecto.jpg
MKKM1-2.jpg


Pioneer 3DX

O luns 10 de novembro, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e II de bacharelato e os profes de tecno do IES Primeiro de Marzo de Baiona asistiremos á xornada ObradoiROBOT, no IES Escolas Proval, na que manexaremos un robot Pioneer 3DX.

Para que vos fagades unha idea do que imos facer, podedes descargarvos o programa: axenda_10_nov_proval.pdf

Tamén podedes ver o vídeo da xornada que se realizou o 3 de novembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, publicado no xornal A Nosa Terra.


ObradoiROBOT

obradoirobot.pngObradoiROBOT: xogos cun robot móbil guiado por intelixencia artificial, é unha actividade organizada polo equipo de robótica móbil do Grupo de Sistemas Intelixentes da USC e conta co copatrocinio da Dirección Xeral de I+D (programa Diverciencia).

A actividade consistirá nunha competición na que os equipos participantes terán que guiar “a cegas” un robot móbil Pioneer 3DX por un circuíto delimitado con valados.

Este contido lúdico irá precedido dunha presentación divulgativa e a demostración práctica das bases tecnolóxicas do guiado dun robot móbil (sensores láser e de ultrasons, comportamentos do robot e intelixencia artificial) e a realización do percorrido polo circuíto polo propio robot autónomamente.

O 10 de novembro, a partir das 10:30 celebrarase o obradoiro no IES Escolas Proval (Nigrán), dirixida a estudantes dos ciclos medio e superior de electrónica e da modalidade de tecnoloxía do bacharelato.

Lamentablemente comunícannos que non é posíbel facer unha convocatoria máis aberta por falta de espazo, así que únicamente quedan prazas para que asista o profesorado interesado en ver a actividade, pero sen grupos de alumnos/as. Unha pena.

Hai máis información na web de ObradoiROBOT