Vibrobot: Bug Bot

Este sinxelo vibrobot ponse en marcha cando detecta luz e para na escuridade grazas a unhas LDRs e un amplificador de audio LM386. Podes ver as instrucións en popsci.com.

(Pode ser que este vídeo non se vexa dende un lector de feeds)

Está baseado nun dos robots que podemos atopar no libro “Junkbots, Bugbots, and Bots on Wheels“, e cuxa web de asistencia é junkbots.solarbotics.com. Alí podes atopar outros modelos.


Beam Wiki

A xente de Beam Wiki, a través do seu blogue e do seu wiki, amósanos traballos de robótica baseados sobre todo en circuítos analóxicos.

Procuran reducir ao mínimo necesario o número de compoñentes mecánicos e electrónicos, reciclar material e, sempre que sexa posíbel, utilizar enerxía radiante a través de células fotoeléctricas.

Aparte de ser útil para coller ideas para os proxectos da ESO, tamén atopamos curiosidades, como este robot seguidor de luz de 1920 que podes ver na imaxe da dereita.

beam wiki electric dog

Paréceme curioso o contol do xiro, que se realiza mediante o movemento dunha terceira roda que fai de timón, que pivota movéndose cara á dereita ou cara á esquerda pola acción dun solenoide que atrae unha peza metálica. Podes ver aquí o esquema eléctrico.

(Fonte: Make)


Manexar un robot vía internet

PB robotA xente de BP constuíu uns pequenos robots para que calquera persoa poda manexalos a través de Internet. Só tes que esperar a túa tanda para mover o robot asignado utilizando as flechas do teclado. Coa barra espaciadora podes sacar fotos como a que ves á dereita.

A lizazón é: www.bpexplorer.com.au

Os robots móvense nunha maqueta en miniatura dunha cidade, na que poderás ver aos outros robots manexados por outros usuarios e usuarias doutros lugares do mundo.

Como os robots están es Australia terás que axustarte ao horario de alí (GMT+10h)

Alguén anímase a manexar un robot australiano dende Galiza?

(Vía: infórmanos mundobot a través de twitter dun post en lunegate. Fanse enrevesadas hoxe en día as comunicacións ;-)


Robot balancín

Vía Makezine atopei outro sinxelo robot para construír. Trátase dun robot que se mantén en equilibrio, pero non utiliza acelerómetros nin xiroscopios, senón que é moito máis sinxelo. Aquí podes ver o esquema eléctrico:

balancing robot esquema eléctrico

Dependendo da posición do microinterruptor, o motor xirará nun sentido ou no outro. O propio movemento do robot fai que se cambie continuamente a polaridade do motor, obténdose un movemento de balancín en equilibrio.

Supoño que a dificultade na construción radica en axustar ben a posición do microinterruptor para que o robot se manteña estable o máximo tempo posible. Haberá que propoñerllo ao alumnado o curso que vén.

As instruccións pódelas atopar en instructables