tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

ArtBots

ArtBots 2008Autómatas e robots, antes confinados en fábricas, universidades e centros de educación secundaria, abren paso cara o mundo exterior e introdúcense nas galerías de arte. Un exemplo é ArtBots, exposición internacional de arte robótica na que participantes de todo o mundo amosan as súas creacións artísticas baseadas na automatización e na robótica.

Robots que responden a estímulos externos ou que interactúan coa xente, autómatas mecánicos que realizan movementos hipnotizadores, música producida pola acción da luz ou do movemento no exterior ou implementación de sistemas físicos en resposta a acontecementos virtuais son exemplos do que se está a facer no mundo da “tecnoarte”.

O seguinte vídeo amosa a mostra Artbots 2008 que tivo lugar en Dublín no mes de setembro.

Entre as obras expostas hai unha que podería ser un proxecto na ESO, pois trátase dun automatismo sinxelo que non necesita programación: Solar egg

A peza consta de catro circuítos solares que almacenan enerxía e que activan mecanismos que fan chocar cáscaras de ovo, utilizando o proceso de carga e descarga dun condensador electrolítico. A secuencia obtida depende da luz incidente e das diferenzas entre os distintos circuítos.

Aquí podes ver o vídeo

Poderíanse facer adaptacións desta idea e substituír os compoñentes mecánicos por outros electrónicos que dean diferentes tons, e conseguir facer un instrumento musical solar.…

Manexar un robot vía internet

PB robotA xente de BP constuíu uns pequenos robots para que calquera persoa poda manexalos a través de Internet. Só tes que esperar a túa tanda para mover o robot asignado utilizando as flechas do teclado. Coa barra espaciadora podes sacar fotos como a que ves á dereita.

A lizazón é: www.bpexplorer.com.au

Os robots móvense nunha maqueta en miniatura dunha cidade, na que poderás ver aos outros robots manexados por outros usuarios e usuarias doutros lugares do mundo.

Como os robots están es Australia terás que axustarte ao horario de alí (GMT+10h)

Alguén anímase a manexar un robot australiano dende Galiza?

(Vía: infórmanos mundobot a través de twitter dun post en lunegate. Fanse enrevesadas hoxe en día as comunicacións ;-)

NXT e Bluetooth

bluetooth.comEn Robótica Recreativa e Educativa infórmannos de que bluetooth.com convoca un concurso para montar un robot con Lego Mindstorms NXT que, utilizando a conexión bluetooth, se conecte con outro sispositivo coma un PC ou un teléfono móbil.

Unha vez construído e programado hai que sacarlle un vídeo que amose como utiliza as funcións bluethooth.

O mellor traballo gaña un kit de LEGO Mindstorms NXT e outros premios Bluetooth.

O prazo remata o 31 de outubro.…

Obradoiro de robótica

EnxeñoEnxeño é un obradoiro de robótica dirixido a rapaces e rapazas de sexto curso de Primaria e primeiro e segundo curso de Secundaria no que nunha mañá construirán por grupos e de xeito guiado un robot LEGO que logo farano funcionar.

Este obradoiro terá lugar na ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo durante os meses de outubro e novembro de 2008.

O prazo de solicitude remata o 20 de setembro.

Tes máis información na web de enxeño.…