tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

GaliciaScratch comeza a andar!

GaliciaScratch é un proxecto que nace do Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) e a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino e introducir o ensino da programación desde os primeiros niveis.

Durante as I Xornadas «Scratch + Arduino», a celebrarse no mes de novembro, ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula e serán un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica.

Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «I Día do Scratch», que é unha actividade dirixida ao alumnado que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.

Tedes toda a información en: http://galiciascratch.blogspot.com.es/

S4A: Scratch para Arduino desde Citilab

S4Aicon.pngBuscando información sobre o entorno de programación Modkit do que vos falei onte, atopeime con S4A, Scratch para Arduino, outro sistema que permite a programación de arduino con scratch feito desde smalltalk.cat.

A diferenza de Modkit, que require invitación, neste caso está dispoñible o software e o firmware para arduino, así que xa podedes probalo. Parece que é un proxecto novo, e teñen pensado facer novas actualizacións e engadir documentación, así que se vos interesa estade atentos ás novidades.

Na páxina do proxecto en Citilab, seleccionando “arduino” no menú, tedes máis información e vídeos.


[scratchcitilab on livestream.com. Broadcast Live Free]

Lembra tamén que se pode elixir galego como idioma da aplicación.…

ModKit: Entorno de programación visual para arduino

Un dos inconvenientes que lle vexo a arduino para traballar na ESO é ter que poñer aos rapaces e rapazas a picar código, o cal consume moito tempo e esforzo para poder lograr pequenas cousas. Se o comparamos co entorno de programación visual que usamos para Lego non hai cor: enténdense as estruturas básicas de programación de xeito moi rápido e doado e conséguense facer programas de gran complexidade en pouco tempo, xa que nos centramos dos diagramas de fluxo e non na sintaxe.

Pero hoxe atopei en bricogeek.com unha moi boa nova: Modkit, un entorno de programación visual para arduino inspirado no clásico scratch. Está deseñado con HTML5 e orientado a traballar en liña utilizando calquera navegador.

ModKit.jpg

De momento só de accede ao programa baixo invitación, pero haberá que estar atentos e atentas a este software, pois ten moi boa pinta.…

Libro: Computación Física en Secundaria

Vía BricoGeek atopei o Libro Computación Física en Secundaria, de Marco Antonio Rodriguez.

Inclúe interesantes e orixinais proxectos e explica as instrucións básicas de programación de xeito moi claro e sinxelo, polo que pode resultar útil para xente que se está a iniciar con arduino.

Ten algunhas prácticas con PHP+MySql, e proxectos con ScratchBoard e con Arduino+Processing.

picoboard.pngScratch é un entorno de programación visual pensado para nenos e nenas de primaria, anque tamén pode valer para secundaria. O que non coñecía é a existencia da placa controladora PicoBoard o ScratchBoard para deseñar animacións e xogos que responden aos datos procedentes do exterior.

Gustoume moito o proxecto do cacto virtual que medra cada vez que regas unha maceta provista dun sensor de humidade.

cactus_scratch1.jpgcactus_scratch2.jpg

Inclúe tamén algúns proxectos con Arduino e Processing, e os exemplos propostos para schatch poderíanse desenvolver tamén coa tarxeta arduino.

Pódese descargar po 6 € desde lulu.com, ou tamén podedes mercar o libro encadernado, pero xa son 34 €.

O libro distribúese baixo unha licencia Creative Commons, o que permite distribuír o material como se queira sempre que se faga constar a súa orixe, e tódalas ganancias recibidas serán reinvertidas en novas edicións e en novo material para o seu proxecto tecno-educativo.…