tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Conferencia de Richard M. Stallman en Vigo

stallman.jpgRichard M. Stallman, un dos principais referentes no mundo do software libre, estará en Vigo o vindeiro 30 de abril ás 16:00 no Auditorio do Centro Cultural Caixanova para impartir dous relatorios, un sobre o movemento do Software Libre e outro sobre o perigo das patentes.

Este evento organizado polo Máster de Software Libre Caixanova é de entrada libre, aínda que as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través dun formulario web.

(Vía: Código Cero)

Actualización:
Estará tamén en Ourense o 29 de Abril de 2009, ás 20:30 no Ateneo (Parque de San Lázaro)…

Exeria: alternativas á linguaxe sexista

A través do canal fwwwrando de vieiros atopamos unha aplicación que analiza textos, detecta termos susceptíbeis de seren sexistas e ofrece alternativas. Chámase Exeria, e pódese descargar para integrala no paquete ofimático Open Office.

exeria.jpg

Considero que nun campo de actividade como a Tecnoloxía, no que a presenza da muller é mínima, cómpre facer un esforzo na educación para eliminar todo tipo de discriminación sexista, incluída a linguaxe.

Xa sei que non chega con isto, pero para fomentar nas nenas e mozas o interese pola tecnoloxía e os estudios e profesións relacionadas, que se sintan incluídas en tódalas referencias orais e escritas paréceme fundamental. As enxeñeiras, arquitectas e técnicas tamén existen, así que deben existir igualmente na linguaxe utilizada.…

Galinux

galinux.pngXa abonda coas innumerables distribucións que existen do sistema operativo Linux, e agora chega unha nova, pero esta vez galega e en galego: Galinux

Trátase dun completo sistema operativo en galego e baseado en Ubuntu e desenvolvido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre conxuntamente coa comunidade galega de software libre. Nace como iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria, que o presenta hoxe en Santiago.

Pódese descargar de http://galinux.mancomun.org/

2 alumnos/as por ordenador

Cando leo na prensa iso de que os centros de ensino terán un ordenador por cada dous alumnos/as imaxínome algo así en tódalas aulas:

1 ordenador /2 alumnos-as

Estarei imaxinándome algo diferente ó que contan os políticos? Témome que si.

Bueno, aproveito para darvos a coñecer unha WebQuest de Carlos Morales chamada ¡Cambiemos as nosas aulas!, cuxa tarefa é:

Empezou a conta atrás… As aulas do século XXI estannos esperando! Como logralo? Pois convencendo ás autoridades de que a informatización de tódalas aulas é económica, moral e tecnicamente viable se usamos Software Libre.…