tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.·

Aquí tes as instrucións para montar unha.

Seguidor solar

girasol04.JPGNo blogue “Alma de Herrero” atopei un sinxelo seguidor solar.

Non utiliza ningún circuíto electrónico con sensores de luz, senón unicamente dúas placas fotovoltaicas e un motor solar.

O seguidor oriéntase automaticamente cara ao Sol, movéndose ata que as dúas placas reciban a mesma iluminación. Nese intre o motor para.

Se o eixe das placas deixa de estar orientado, unha das placas estará máis iluminada cá outra, terá unha voltaxe maior e fará que o motor vire de forma que tenda a orientar de novo o conxunto.

As conexións son estas:
girasol01.jpg

Barco solar

barco solarNa revista electrónica “Modelling in Science Education and Learning” (MSEL) amósanos un interesante proxecto de construción naval con materiais reciclados.

Aínda que o proxecto pareza sinxelo, para un nivel de 2º de ESO (temos feitos vehículos solares neste nivel), a proposta vai máis alá, pois plantexa un traballo de investigación sobre as propiedades de estabilidade e de movemento dos obxectos na auga, introducindo conceptos de estática e dinámica de fluídos, mecánica e enerxía, polo que sería interesante o traballo interdisciplinario entre as materias de tecnoloxía e física.

Unha vez construído o barco, o alumnado pode investigar sobre

– Estabilidade de la nave en función de la posición dos corchos
– Relación entre a velocidade e o nivel de inmersión
– Efectos do cambio do centro de gravidade na estabilidade do barco (enchendo a botella con pedras ou auga)
– Forma e orientación máis eficiente da hélice
– Traxectorias descritas segundo a posición do timón

En base ós resultados obtidos o alumnado debe modificar o deseño da nave, e intentar obter unha navegación o máis fluída, estable e veloz posible.

Se queremos complicalo máis e facer este proxecto en 4º de ESO, poderíase introducir un dispositivo de control remoto para dirixir o aparato.

Máis información
Vídeo do barco solar