tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Esculturas sonoras con motorciños e máis

Non fai falta alta tecnoloxía para facer instalacións tecnoartísticas. O artista suízo Zimoun utiliza no seu traballo pequenos motores de corrente continua, un compresor de aire e outros elementos para facer as súas esculturas. Tamén dános novas ideas e modelos de vibrobots.

O resultado pódelo ver neste vídeo: Paisaxes sonoras e en movemento do máis orixinal.


[Zimoun : Sound Sculptures & Installations from ZIMOUN on Vimeo.]

(Visto en Make)

Vibrobots con rabo

motor_vibr.jpgOs modelos de vibrobots que teño amosado aquí utilizan un motor cunha excéntrica no eixe, de xeito que ao xirar cambia a posición do centro de masas provocando un movemento vibratorio.

Pódense utilizar motores vibratorios comerciais ou reciclados de aparellos electrónicos, ou simplemente suxeitando ou soldando unha peza metálica nun lado do eixe.

Hoxe atopeime con outro modelo de excéntrica que se fai suxeitando un tubo de plástico flexible no eixe dun motor eléctrico. Paréceme boa idea, pois non sempre é doado conseguir motores vibratorios.

Bótalle unha ollada a este vídeo. Parece que os vibrobots están movendo o rabo!


youtube: Art/Battle/Sport

Se ao final do tubo poñemos tinta, un pincel, un lapis, etc. conseguimos que este equipo de robots pouco intelixentes sexa capaz de crear unha “obra de arte”. Neste vídeo pódelos ver en acción:


youtube: BotBox

(Visto en Jen Lewis)

Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.·

Aquí tes as instrucións para montar unha.

Vibrobots co mando da PS2

Este é un traballo feito por dous alumnos de Diversificación de 3º de ESO. Aproveitaron os motores con excéntrica dun mando estragado dunha PlayStation2 para facer vibrobots con cepillos.

O mando utilizado foi un que trouxeron para desmontalo e analizar o seu interior.


youtube: Vibrobots coa PS2

Podes ver máis modelos de vibrobots publicados aquí .…