tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Ciencia Clip, un concurso de vídeos divulgativos

Ciencia ClipCienciaClip_logo-v2 é un concurso de vídeos divulgativos de ciencia e tecnoloxía deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de ESO, Bacharelato e dos ciclos básico e medio de Formación Profesional. O obxectivo do concurso é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía, e ofrecer aos concursantes unha oportunidade para exercitar a súa creatividade e habilidades comunicativas usando ferramentas que proporciona internet.

Poderase participar de dúas maneiras, a nivel individual ou en equipo de 3 membros como máximo. Hai que gravar e editar un vídeo divulgativo que dure entre 3 e 5 minutos, subilo a YouTube ou Vimeo e inscribirse enchendo un formulario antes do 17 de abril. Pódese gravar en calquera das linguas oficiais do estado español ou en inglés, así que animádevos a facelo en galego.

Robot-dron Erle SpiderCales son os premios? Ademais da viaxe e estancia de hotel para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2016, na categoría individual podedes gañar un kit completo para a construción e manexo dun Robot-dron Erle Spider, e se recibides o premio especial do xurado podedes gañar unha visita ao CERN, en Xenebra. Non está nada mal!

Aquí tendes o vídeo de presentación do concurso:

[youtube:¡Participa en Ciencia Clip!]

Ciencia Clip é unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, patrocinada pola Deputación Foral de Bizkaia e na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma de divulgación científica Naukas.

Tedes toda a información na web de Ciencia Clip.…

Música coa Game Boy

A Game Boy non serve só para xogar, tamén pódese facer música con ela, como podes ver neste vídeo de Sebastián Bender: (Visto en Ilustrae)

[youtube: GAME BOY MUSIC (but not the kind you’re thinking of)]

Hai tempo vimos tamén como se pode facer música co son das ferramentas

A idea é crear música a partir dos sons atopados no entorno. Xa non fan falta instrumentos musicais!
Pode servir de idea de proxecto para facer, por exemplo, cando se traballa a edición de vídeo na materia de informática, e mellor se podemos contar co asesoramento do profesorado de música.

Alguén se anima a facer unha composición propia?…

Documentais nucleares

O programa “A noite temática” emitiu recentemente dous interesantes documentais relacionados coas centrais nucleares:

O pesadelo dos residuos nucleares

O documental presenta os resultados dunha investigación sobre a xestión de residuos nucleares en EE.UU., Rusia, Alemaña e Francia, e saca á luz o segredo e descontrol que rodea o tratamento destes residuos. (1h 33 min)


[youtube: lista de reprodución La pesadilla de los residuos nucleares]

A batalla de Chernóbil

O 26 de abril de 1986 unha proba de seguridade na central nuclear de Chernóbil provocou a maior catástrofe nuclear da historia.(1h 17 min)


[youtube: lista de reprodución La batalla de Chernóbil]

Actualización 16 de maio de 2011:
Outro documental sobre residuos nucleares que paga a pena ver: Into Eternity

[youtube: lista de reprodución Into Eternity]

Música con ferramentas

Se dígovos que pensedes no son das máquinas e das ferramentas seguro que vénvos á cabeza algo molesto e estrondoso, mais non ten por que ser así.
Escoita esta música. Está feita completamente cos sons producidos ao manipular ferramentas e máquinas.


[youtube: Craftsman Music Experiment]

(Visto en Sorprendible)

@chiulongina pásame a través do twitter outro vídeo de música feita co son das ferramentas, desta banda vai sobre deforestación:


[youtube: Cold Cut-Timber]