Videocuestionarios

A través do blogue Recursos Educativos atopei a aplicación ESvideo.

Trátase dun servizo que nos permite crear cuestionarios a partir de vídeos e enviar os resultados. Ten o inconveniente de que non permite til, ñ, º, e outros caracteres, pero é moi sinxelo de usar.

Fixen un pequeno cuestionario de proba sobre o motor diésel para ver como funciona o servizo.


[ESvideo: Motor diésel]

Despois de cubrir o cuestionario podedes enviarme o resultado poñendo:

  • Teacher code: tecnoloxia
  • Class ID: O curso. Por exemplo, se es de 4º PDC pon “4PDC”

Paréceme unha interesante aplicación, que seguramente usarei máis adiante.


Que é o que están a facer?

O canal de televisión Discovery ten un interesante sitio sobre tecnoloxía, no que podemos atopar vídeos, historia, xogos, etc.

Nun dos interactivos temos que demostrar o que sabemos sobre os procesos de fabricación averiguando o que están a facer en cada vídeo. Clica aquí ou na imaxe para acceder ao xogo.

queestanafacer.jpg

A ver quen consigue máis puntos!

Alí tamén temos unha experiencia de Realidade Aumentada sobre a exploración marciana. Só necesitas unha cámara web, imprimir a plantilla, e podes ver a Rover no teu escritorio.

ARmarte.jpg

Podes ver outros exemplos de realidade Aumentada publicados neste blogue


Animación por ordenador

Desde que xorde a idea de crear unha película ata que está en carteleira, hai un longo período de tempo no que traballan un extenso equipo de profesionais. Tamén son moitas horas de traballo as necesarias para crear un xogo de ordenador.

animacion.JPGEntre as tarefas que hai que realizar está a animación 3D, que permite modelar e animar en tres dimensións.

Se observas ben poderás ver que temos 4 vistas, alzado, planta, perfil, e vista de cámara, e baseándose nestas vistas, os modelos xéranse mediante ferramentas de software.

Neste vídeo podes ver como se modela un dragón.

Despois aos modelos ténselles que incluír un “esqueleto” coas mesmas limitacións e capacidades que ten un esqueleto humano. Dese xeito obtéñense movementos naturais.

Botádelle unha ollada aos curtos de animación do audiovisual galego: Flocos.tv

Nós tamén podemos facer películas de animación mediante aplicacións que nos facilitan a tarefa, sen ter que debuxar. Podes ver aquí uns exemplos:

XtraNormal: Permítenos crear películas de animación e engadir voz ás personaxes.


[Xtranormal: Van vir molestar]

Deixarás que se escapen? Vai por eles e continúa a película.

Tamén podemos facer animacións en 2D cunhas aplicacións en flash coma estas:

GoAnimate! Elixe as personaxes, escribe o texto que queres que apareza, elixe a música de fondo, e xa tes a túa animación.


[Goanimate: Aburridos]

A ver se o robot e o marciano deixan de aburrirse. Anímaos!

MovieMaker: Esta aplicación é similar á anterior, anque máis sinxela.


Aceptades a súa invitación?

Outros máis

domo.goanimate.com
es.goanimate.com


Altofalante humano

Este experimento de “Flipi” pódese facer facilmente na casa.

Podedes comprobar como a pequenísima corrente eléctrica que atravesa o corpo humano é capaz de facer soar un altofalante.
Xa fixemos en clase de 4º de ESO unha cadea humana para facer acender un led e que soara un zoador utilizando un circuíto amplificador con transistores, así que isto non vos sorprenderá.

Se facedes este experimento na casa tede coidado de usar o cable de audio, o que vai ata os altofalantes, e nunca o cable de alimentación eléctrica.

E tamén podedes escoller mellor música para facer a proba ;-)