tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Xerador de pezas para exercicios de vistas

Ao profesorado que anda a buscar exercicios para facer vistas pode serlle útil este xerador de exercicios de educacionplastica.net

O primeiro que hai que facer é crear a figura engadindo cubos sen superar o límite de 4x4x4. Unha vez creada a figura, a aplicación dáche a ligazón a unha páxina na que se poderán debuxar as vistas da peza creada. O resultado pode descargarse en formato png ou envialo por correo electrónico.

peza2

Grazas a Fernando Ortiz por compartir este recurso…

Axonometría en realidade aumentada

Hoxe pola mañá estiven a seguir por streaming a Xornada Aumentame 2012, da asociación Espiral, que pretende converterse nun punto de encontro para o intercambio de ideas, experiencias, proxectos e novidades sobre a Realidade Aumentada en Educación.

Entre os relatorios da xornada é de destacar o traballo do alumno de 2º de bacharelato Víctor Valbuena do IES Vilatzara de Vilassar de Mar (Maresme), cuxo obxectivo final é conseguir unha agrupación de exercicios de axonometría acompañados das súas respectivas representacións tridimensionais en realidade aumentada para que a súa percepción espacial sexa sinxela.

Para probar a aplicación só necesitas entrar na páxina A-RA! Axonometría, imprimir o marcador, conectar a cámara web dirixíndoa cara ó marcador impreso e navegar polas distintas seccións para ver as figuras en 3D.

    

Máis información:

As vistas cun tetris 3D

tericalHai a quen lle custa iso de ver imaxes tridimensionais nun plano, por non falar do alzado, a planta e o perfil, pero hai un xeito de aprendelo moi entretido: xogar ó Tetrical, que funciona con pezas tridimensionais, complicando aínda máis o xogo do tetris.

Para comezar resulta máis doado o Cubical, da mesma casa, digitalmachina.

(Fonte: código cero)

Na rede hai un feixe de aplicacións para facer debuxos en tes dimensións. Un deles é Building Houses que che pide que constrúas pezas mediante bloques con axuda das súas vistas.

Na sección de ligazons podes atopar outras aplicacións e programas de debuxo tridimensional.…