Cogitate. Xogo coas pezas de Lego Technic

Cogitate é un xogo no que tes que colocar de forma axeitada vigas, engrenaxes e motores coma os que teñen os equipos de Lego para orientar as pezas cara ó obxectivo marcado en cada nivel.

cogitate.jpg

Ollo co prezo de cada elemento, pois debes ser capaz de chegar coa mellor relación eficiencia/custo para cada nivel.

Aquí tes un vídeo demostrativo:

Acceder ao xogo


Constrúe unha ponte resistente

Neste xogo tes que construír unha ponte que non se derrube durante a proba.
Lémbrate do que estudaches sobre estruturas para facer un deseño estable e resistente axustándote ao orzamento. Tes dous materiais de construción dispoñibles, así que debes elixir o máis axeitado para cada elemento segundo os cartos dos que dispoñas.

FWG Bridge 2
bridge-2-bd.jpg

Se te cansas deste xogo vai a Online Physics Games. Alí atoparás unha chea de xogos de mecanismos e estruturas (Grazas Aida Ivars pola ligazón), pero non te entreteñas demasiado, que xa estamos a final de curso e hai que estudar!


Pipe Down 3D

Realizar unha intalación de auga, gas ou calefacción nunha vivenda ou cidade pode que non sexa tan doado como pensamos, e tampouco as instalacións pneumáticas e hidráulicas. Se non o cres mira esta foto:

pipes
(imaxe de darkroastedblend.com)

Queres probar a túa habilidade?
Vai a Pipe Down 3D e axusta as tubarías correctamente para que a bola chegue ao seu destino. Debes botar man da túa visión tridimensional.

pipedown


Robot Constructor

Robot Constructor é un xogo cuxa misión é deseñar robots que poidan recoller cubos de ouro diseminados sobre unha variedade de zonas hostís, ao tempo que deben evitar os perigos e asegurarse de que haxa suficiente enerxía para chegar ata o final.

robot_constructor.png

Unha vez seleccionada a zona da misión, debemos estudar o terreo e elixir os sensores máis axeitados para detectar os perigos e as fontes de enerxía. Debemos elixir tamén o sistema de movilidade máis axeitado para a superficie pola que debe moverse o robot, e elixir o material de construción que minimice os danos ao robot ou que faga máis eficiente o consumo de enerxía.