TecnoBaiona na Competición de robots da UVigo

Parabéns aos equipos de Tecnoloxía do IES Primeiro de Marzo de Baiona que participaron na II Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Un gran traballo!


(Imaxe de GCiencia)

En total participaron 157 equipos de toda Galicia, con cerca de 900 alumnos e alumnas. O noso centro levou tres equipos de 1º de Bacharelato (Tecnoloxía Industrial I) e 2 equipos de 4º da ESO (Tecnoloxía PDC).

Dos equipos de 1º de Bacharelato, o robot Jägger acadou o segundo posto, e iso que remataron a carrocería o mesmo día da competición, antes de saír. O equipo Erfundertuxx fíxoo tamén moi ben, chegou á final con moi boa puntuación e quedou finalmente nun cuarto posto. O equipo Uneuntres non chegou á final, pero fixo moi ben a proba do segue liñas.

jagger erfundertuxx uneuntres

Dos equipos de 4º da ESO, o robot Baioia acadou o 4º posto. Un golpe de mala sorte fixo que saíse da pista de sumo e non acadase premio, pero fixo un  fantástico traballo. O robot Chispi non se clasificou para a final, a pesar de ser o máis rápido na proba da liña nas dúas quendas, con boa diferenza respecto aos robots contrincantes.

baioia chispi

Parabéns a todos!

Un vídeo da competición:

[youtube:Combate de robots en la Universidad de Vigo]

Aquí tedes varias novas que falan da competición:

 


3 comentarios en “TecnoBaiona na Competición de robots da UVigo”

  1. Interesante traballo do noso alumnado de 1º de bacharelato e 4º de ESO. Parabéns a tod@s e a María a profa especialmente!!!!!

    Responder

Deixa un comentario