tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Tecnoloxías da comunicación. Tecnoloxías Intelectuais.

Atopei no blogue de mcshuibhne unha interesante infografía da compañía Moo que amosa de forma resumida as principais tecnoloxías da comunicación utilizadas polo ser humano ao longo da historia.

Obsérvase como a maior revolución prodúcese a partir do século XX coa socialización da radio, a televisión e, sobre todo, de Internet e os servizos de comunicación social.


(Clic para ampliar)

Todos estes instrumentos, xunto a outros, son chamados “tecnoloxías intelectuais” polo sociólogo Daniel Bell, o antropólogo Jack Goody ou polo escritor Nicholas Carr pois son utilizados para ampliar e apoiar a nosa capacidade mental xa que permiten atopar e clasificar a información, formular e articular ideas, compartir métodos e coñecementos, tomar medidas,  realizar cálculos ou ampliar a capacidade da nosa memoria.

Cada vez que se socializa o uso dunha nova tecnoloxía prodúcese un cambio radical na nosa forma de comunicarnos, modelando a nosa maneira de pensar, de interpretar o mundo e de experimentar coa contorna, resultando esta transformación especialmente importante desde a chegada de Internet e as ferramentas de comunicación social.

Desde os centros de ensino débese asumir e aceptar o feito de que a xente máis nova se comunique utilizando Internet e as redes sociais desde os seus dispositivos móbiles, pois son as tecnoloxías actuais as que nos permiten actuar de forma coherente no mundo no que vivimos. Porén, desgraciadamente moitas e moitos docentes ven isto máis coma unha ameaza ás formas de comunicación tradicionais que coma unha mellora das competencias intelectuais das persoas ao servir para ampliar as nosas capacidades mentais.

Podes ler aquí o artigo de mcshuibhne

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.