tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Un polbo no ascensor

Xa queda menos para presentarvos Código Octopus. Estamos a darlle os últimos retoques antes da presentación oficial o vindeiro día 1. Veredes, entre outras cousas, que podedes utilizar Scratch para simular sistemas, como este ascensor con memoria.

[Scratch: Un polbo no ascensor 2]
Preme nos botóns da cabina ou no de cada planta para que se mova ata o piso que desexes. O ascensor dispón de memoria para almacenar as chamadas. Irá parando en cada un dos andares.

Se xa sabedes programar en Scratch podedes intentar mellorar esta simulación:

  • Proba simular un ascensor de máis de 3 pisos.
  • Podes simular un edificio con dous ascensores. Cando se realiza a chamada desde un piso achégase o ascensor que se atope máis cerca. Cando levamos un tempo determinado sen actividade, o ascensor que se atope máis preto á planta baixa baixará a ese nivel.
  • O ascensor anterior non interrompe a acción que está a executar para atender ás novas chamadas, é dicir, se o ascensor xa está en marcha indo desde a planta baixa ata o 2º andar e chaman desde o 1º, non para, e esa chamada almacénase na memoria. Podes modificar o código para que faga paradas no camiño aínda que xa estea en marcha.
  • Proba deseñar un ascensor de máis de 3 pisos para un centro comercial. Desde fóra e en cada andar temos dous pulsadores de subida e baixada. Se o ascensor está en marcha e subindo, parará nun piso intermedio se desde alí alguén preme no botón de subir, pero non no de baixar. O mesmo cando baixa.
  • Deseña e crea a simulación que queiras!
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

2 Comments

  1. Pingback: Un polbo no ascensor | tecno4 | Scoop.it

  2. Pingback: Un polbo no ascensor | PROGRAMANDO EN PRIMARIA ...

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.