tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

V-Tape. Solución para a cinta adhesiva

Quen non se puxo algunha vez dos nervos por non atopar o comezo da cinta adhesiva?

Zhichuan Tang propón unha sinxela solución: Un corte en V e xa está. Non precisamos tesoiras para cortar e sempre teremos o comezo a man.

v-tape.jpg

Eu faríalle dous ou tres cortes en V para que non quedasen os anacos de cinta tan longos, pero a idea é moi boa. Tan simple e a ninguén se lle ocorreu ata agora.

(Visto en noquedanblogs.com)

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.