Podes usar os deseños do proxecto 100hex para decorar unha caixa. Cando te aburras dunha tapa podes cambiala por outro hexágono.

Hai tres modelos deseñados:
Caixa 0
No primeiro deseño o hexágono actúa como cuberta e debe ter buracos para poder abrir e pechar a caixa facilmente.

Caixa 1
O segundo deseño consiste nunha caixa e a tapa. Na tapa podemos inserir calquera hexágono da colección 100hex.

Caixa 2
O terceiro deseño é semellante ao segundo, pero con esquinas redondeadas.
