A.Directamente:
Nunha parede interior lisa podemos pegar as pezas directamente con cola en spray.
É a opción utilizada na miña casa e na mostra da OSHWDem. Para facer o teselado utilicei un espaciador. Descargas: espaciador2.stl, separador.scad
B. Con soporte:
Para unha mostra de poucas pezas utilizamos unhas pezas de soporte encartadas entre si.
Grazas ás contribucións de I_am_me e de 3DWithUs en thingiverse temos dispoñibles uns deseños modulares que permiten colgar na parede unha pequena composición.
Temos outro tipo de soporte grazas á contribución de OutwardB en thingiverse, que consiste nunhas estruturas que se unen entres si mediante cordas.
Un soporte máis lixeiro nolo ofrece Fly Ry en thingiverse.
C. Parede exterior:
Utilizamos un soporte con textura para que o pegamento agarre ben na parede exterior, que pode ser rugosa. Para iso configuramos os seguintes parámetros de impresión:
- Altura de capa: 0.25
- Reconto de liñas de parede: 8
- Capas superiores: 3
- Capas inferiores: 0
- Patrón de recheo: triángulos
Descarga: panel_exterior.stl