O mural
Trátase dunha composición de hexágonos feitos con impresión 3D.
Empecei este proxecto para unha parede da miña casa en 2016.
Este mural tamén foi montado na OSHWDem 2017, coas contribucións de moitas persoas. Podes ver o resultado no maker space de Bricolabs do Museo Domus Sciencie (A Coruña)
Está programada a instalación dun mural 100hex nunha parede exterior do concello de Vigo como proxecto da EMAO.
O contido
Quixen con este traballo mesturar matemáticas, ciencia, tecnoloxía e arte.
Moitas das pezas están realizadas mediante programación para a xeración de figuras recursivas, funcións, fractais. Para iso utilicei OpenSCAD, BlocksCAD, geogebra, processing e outras. Outras pezas máis sinxelas están debuxadas cun programa de CAD (Onshape). Tamén utilicei debuxo feito con rotulador que logo tratei con gimp e inkscape. Outras pezas están xeradas a partir de fotografías. Tamén utilicei ilustracións e pinturas de diversos autores que adaptei para poder imprimir (Xosé Vizoso, Tamara de Lempika, Terry Noir e outros)
Por que 100hex?
Inicialmente púxenme como reto imprimir 100 hexágonos para a parede o meu cuarto. Na Oshwdem 2017 marcamos como reto conseguir 256 hexágonos (100 en hexadecimal é 256 en decimal). Hoxe hai máis de500 deseños, entre os meus e os compartidos pola comunidade.
As pezas
As dimensións son:
- lado hexágono 60 mm
- X: 120 mm
- Y: 103.923 mm
- Z: 2 mm
Podes descargar aquí todos os modelos:
- Descargas
- Thingiverse
- Twitter: @100hex
Contribucións
Este proxecto segue aberto á incorporación de máis deseños. Se queres aportar o teu hexágono a este serie podes facelo. En thingiverse fai clic en “Remix it” e formará parte do proxecto. Estou a recoller contribucións aquí.