O Rensselaer Polytechnic Institute dos Estados Unidos acaba de presentar unha pila eléctrica que ten forma de papel. Trátase dunha batería constituída por un 90% de celulosa e un 10% de nano-tubos de carbono que serven de electrodos e transmiten a electricidade.
Pódese usar como fonte de enerxía en calquera aparello que se nos ocorra, pero con innumerables vantaxes: funciona cos electrólitos naturais existentes no sangue e suor dos seres vivos (útil para implantes médicos como marcapasos), é ultralixeira, extremadamente fina e flexible, e funciona a temperaturas extremas. Ao contrario que as pilas e baterías convencionais, altamente contaminantes, a pila de papel é facilmente biodegradable e non contén ningunha substancia química tóxica.
Fonte: Código cero