Quedan poucos días para que comecen as clases. Poño a vosa disposición, se vos resulta útil, un recursos sobre electricidade e o ordenador, aos que podedes acceder dende o panel esquerdo. Faltan algunhas cousas que irei engadindo cando teña tempo.
Ao longo do curso irei subido outros contidos que teño medio feitos (electrónica, pneumática, mecanismos, etc).
O material que presento está baixo unha licenza creative commons, así que xa sabedes, podedes
- Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
- Facer obras derivadas
Baixo as condicións:
- Recoñecemento. Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da sua obra.
- Non comercial. Non pode empregar esta obra para fins comerciais
- Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
O máis importante: que vos resulte útil e que serva para que o alumnado aprenda tecnoloxía.