Mergullámonos na robótica!

imaxe de complubotHoxe a directora do meu centro deume unha boa nova: Chamaron do MEC para comunicarnos que nos conceden unha axuda para o proxecto “Didáctica da robótica para a diversidade educativa mediante a introdución do método Lego Mindstorms” dentro do programa de axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns (BOE do 06-06-2007)

Traballaremos conxuntamente os departamentos de Tecnoloxía de catro centros de secundaria: un de Girona, un de Madrid, un de Bizkaia e o noso, o IES Primeiro de Marzo, de Baiona (Pontevedra)

En concreto, no noso IES, traballará neste proxecto o alumnado dos grupos de Diversificación Curricular de 3º e 4º de ESO, que participará en diversas competicións de robótica ao longo dos dous anos que dura o proxecto:

  • F.I.R.S.T. Lego League
  • Robocampeones
  • European Robocup

Agora quentamos motores, e comezaremos a prepararnos a partir da segunda avaliación.


2 comentarios en “Mergullámonos na robótica!”

  1. No IES Lamas de Castelo- Carnota, tivemos unha breve experiencia con LEGO Mindstorms. Pensamos retomala este ano, tamén no segundo trimestre.
    ¿Cómo vos organizaderes? ¿En horario escolar? ¿Como actividades extraescolares?
    Proximamente na páxina web do Centro, no Dpto. Tecnoloxía colgarei documentos que elaborei sobre robots LEGO, por se che interesa botar unha ollada.
    Un saúdo

    Responder
  2. Pois aínda está todo por facer. Presentamos este proxecto á convocatoria do MEC e concedéronnolo. Agora teremos que planificalo ben e poñelo en marcha.

    Traballaremos en horario escolar, en clase de tecnoloxía, e nas competicións participarán grupos mixtos de alumnado dos centros que estamos no proxecto.

    Irei poñendo aquí información sobre cómo vai a cousa.

    Cal é a web do teu centro? Como son algo novata nisto de traballar cos robots lego agradézoche moito a información e coñecer a túa experiencia. E non estaría mal facer nun futuro un intercambio robótico Baiona-Carnota.

    Saúdos
    María

    Responder

Deixa un comentario