A lenda urbana dos fluorescentes

fluorescenteHai pouco unha compañeira do instituto afirmaba que era mellor non apagar a luz das aulas durante o recreo pequeno de 15 minutos, xa que as lámpadas fluorescentes consomen moito no acendido, máis que se as mantemos acesas.

Eu contesteille que iso era unha lenda urbana, que en todo caso o que aforrariamos serían tubos fluorescentes (durarán máis cantas menos veces os acendamos), pero non enerxía eléctrica.

A verdade é que hai moita xente que pensa isto (éche o que teñen estas lendas), e pódense realizar os cálculos pertinentes para comprobalo.

Por exemplo, imos coller un fluorescente de 20 W:

  • Potencia do fluorescente: 20 W
  • Potencia consumida ó acendelo: 100 W (máis ou menos)

Supoñamos que o fluorescente tarda en acenderse 1 segundo. Nese caso a enerxía consumida durante o acendido sería:

  • E = P t = 100 W 1 s = 100 J

O tempo que ten que estar aceso un fluorescente para consumir a mesma enerxía sería:

  • E = P t ? t = E / P = 100J / 20W = 5 s

 

Polo tanto, esta lenda urbana só sería aplicable se o recreo durase 5 segundos ou menos.

Outra cousa é que nos compense deixar a lámpada acesa para aforrar tubos fluorescentes, pero está claro que enerxía eléctrica non aforramos.

Podes ler unha explicación sobre isto en curioso pero inútil e tamén podes ver unha animación flash sobre o funcionamento dunha lámpada fluorescente


4 comentarios en “A lenda urbana dos fluorescentes”

  1. Hoxe mesmo durante unhas charlas sobre o aforro enerxético saiu este tema e os ponentes afirmaban o mesmo que dí a “lenda urbana”
    Agora xa teño argumentos para rebatila.
    Grazas.

    Responder
  2. podémolo ver doutro xeito:

    enerxía consumida polo fluorescente en 15 minutos:
    E = Pt = 20W 900 s = 18000 J

    potencia que tería que ter o fluorescente no acendido para que consumira esa enerxía en 2 segundos:
    P = E / t = 18000J / 2 s = 9000 W

    unha barbaridade imposible

    Responder

Deixa una resposta a Reyes Cancelar a resposta