Aeroxeradores

Xa temos costume de ver infinidade de aeroxeradores espallados polos montes da nosa terra, e feito Galicia é o país da UE con maior potencia eólica por Km cadrado.

Na terra:

De maior ou menor tamaño, máis altos ou máis baixos, máis rápidos ou máis lentos, tódalas máquinas que vemos son máis ou menos similares. Se queres saber como funciona un aeroxerador recoméndoche que visites “Moliner e o vento”.

Pero aínda non o vimos todo:

Dado que nos aeroxeradores convencionais prodúcense importantes perdas por fricción dos seus elementos, a compañía MagLev Wind Turbine Technologies propón a construcción da xigantesca turbina eólica Maglev, que podería xerar un gigavatio de potencia. Neste dispositivo ás pas da turbina suspéndense sobre un colchón de aire grazas a un sistema de levitación magnética, eliminándose a fricción e aumentando o rendemento.

maglev
(fonte: tecnoaereo)

No aire:

Na procura dun lugar que aumente o rendemento dos aeroxeradores hai quen propón instalalos a unha maior altura. Existen diversos prototipos.

A empresa Magenn Power propón situar uns aeroxeradores eólicos a 330 metros de altura. Trátase dun dispositivo de 30 m de ancho recheo de helio (co fin de manter a elevación) e está provisto dunha turbina de eixe horizontal.

turbina elólica de helio
(fonte: ecofactory)

Empresas e universidades están a estudar a posibilidade de deseñar turbinas que poidan voar.
Cada planta contaría con catro rotores (semellantes aos dos helicópteros) para mantela no aire. A electricidade transmitiríase por cabos de aluminio.

turbina voadora
(fonte: vieiros)

Ambos sistemas contarían cun amarre ao chan.

No mar:

Os aeroxeradores poden instalarse no mar, resultando máis rendibles cos de terra porque os ventos no mar garanten unha produción sostida de enerxía. A pesar do rexeitamento do goberno galego á instalación de parques eólicos mariños na nosa comunidade, un estudo do Goberno central sobre as áreas potencialmente máis valiosas neste campo incluíu un sector da costa de Lugo e o litoral dende Baiona ata a fronteira portuguesa.

parque eólico mariño
(fonte: instantshift.com)

Non son muíños:

Unha recomendación para falar con propiedade: Non se debe chamar “muíño” a un aeroxerador. Un muíño serve para moer, e un aeroxerador serve para xerar enerxía eléctrica a partir do vento. Polo tanto, nos parques eólicos non hai muíños, senón aeroxeradores.

Datos:

Asociación eólica.


1 comentario en “Aeroxeradores”

Deixa un comentario