Espertadores eficientes

A tecnoloxía é o campo da actividade humana que responde ó desexo de transformar o mundo que nos rodea na procura de novas formas de satisfacer as nosas necesidades. Cando temos unha necesidade, ideamos, deseñamos e creamos un produto ou servizo que nos permita solucionar o problema inicialmente plantexado.

Existen infinidade de exemplos de múltiples solucións posibles a un mesmo problema ou necesidade. Vou poñer un exemplo de deseño de espertadores, que vai dedicado a todas aquelas persoas ás que lles custa levantarse polas mañás, eu incluída. (grazas a “no puedo creer que lo hayan inventado” pola recompilación de inventos gueeks, frikis e variopintos)

A necesidade:
O espertador clásico non me vale, xa que estiro o brazo, apágoo, e sigo durmindo. Necesito un espertador que me faga levantar e, o máis importante, espabilar.

As solucións:
Nesta galería podes ver algúns deseños, todos coa mesma intención: Nada de apagar o espertador sen máis, deberás agudizar os sentidos e poñerte en marcha.

Ocórreseche algún outro sistema para incorporarlle a un espertador e que nos faga espabilar?


1 comentario en “Espertadores eficientes”

  1. O malo é que se sabes o que vas sufrir para apagalo xa non che quedan gañas de acendelo e conectas o espertador normaliño de toda a vida.
    De tódolos xeitos, paréceme un exemplo moi curioso e orixinal para ver as distintas solucións a un problema.

    Responder

Deixa un comentario