A tecnoloxía cambia as nosas vidas a unha velocidade vertixinosa. Un exemplo moi claro é a música.
Os da miña quinta coleccionabamos cintas de cassette e cando os cartos o permitían engadiamos un novo LP á colección. O rebobinado con boli bic e o “chis chis†do tocadiscos hai tempo que non forman parte das nosas vidas, pero a gravación e reprodución de música ten só 130 anos de historia.
O primeiro trebello que se inventou capaz de gravar e reproducir son foi o fonógrafo. Inventouno Thomas Alba Edison en 1877.
Utilizaba un sistema de gravación mecánica analóxica no cal as ondas sonoras transformábanse en vibracións mecánicas mediante un transductor acústico-mecánico. As vibracións moven unha agulla que labra un surco irregular nun cilindro de cartón recuberto de estaño, cuxo eixe está roscado para proporcionarlle un desprazamento lateral.
Para reproducir o son outra agulla segue os surcos marcados no cilindro e transmite esas vibracións ó diafragma dunha bocina, que as converte en ondas sonoras.
Podes ver unha animación en www.ieee-virtual-museum.org e en “retrospectiva del sonido” podes atopar algo de historia sobre estas “máquinas parlantes”.
A cousa foi evolucionando a partir de aí: o gramófono, o tocadiscos, o cassette, o reproductor de CD, e agora os mp3. Que virá proximamente?
Propoño unha tarefa de procura de información en internet: investiga cómo funciona un calquera deses trebellos e elabora un traballo no que se explique cómo grava e reproduce son .